Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Aquí O Páramo !: diciembre 2006

domingo, diciembre 24, 2006

Felices festas

Bo nadal e feliz ano novo a todos os lectores e colaboradores do entramado de páxinas e blocks. Outro ano mais seguimos traballando na rede, unhas veces tratando de informar, e outras por necesidade corporal de plasmar sentimentos imposibles de gardar.
Nesta época de nadal, a poucas horas da noite boa, notase o frío propio do inverno, pero o calor humán de familiares e amigos que se acordan de un, e nos fan ver que o sentimento nunca morre, e eterno. Grazas a todos por estar ahí. Felices festas.

jueves, diciembre 21, 2006

Boas Festas e Feliz Ano Novo 2007



O equipo de redactores e colaboradores de A.O.P. e
M.T. esperamos que pasedes unhas Felices Festas
do Nadal e un Ano 2007 cheo de Paz e Felicidade
xunto ca vosa familia e seres mais queridos.

miércoles, diciembre 20, 2006

Alcaldes Candidatos na Comarcar de Sarria ( Por Victor Villarabid )

Victor Villarabid acaba de publicar no seu blog unha interesante análise sobre os candidatos do PP para as próximas eleccións na Comarca de Sarria ( +pincha)

miércoles, diciembre 13, 2006

A futura Asociacion de Empresarios :

A futura Asociación de Empresarios e Comerciantes do Páramo xa ten o seu propio Blog en Internet :

www.empresariosdoparamo.blogspot.com

Así como tamén o seu propio enderezo Electrónico :

empresariosdoparamo@gmail.com

Crease a Primeira Asociación de Empresarios do Páramo




Invitámoste a participar na Asamblea Fundacional da futura “ Asociación de Empresarios e Comerciantes do Páramo “ que terá lugar este día Sábado 16 de Decembro do 2006 no Bar Santas ás 19:00 horas ( 7 da tarde ) .

Puntos a tratar :

  1. Creación da Asociación .
  2. Nomeamento dunha Xunta Directiva en votación democrática , e secreta .

Poderán formar parte da Asociación calquera Empresario , Autónomo ou Comerciante que teña a súa sede no Páramo ou intereses económicos neste Concello .

Os custos de Asociarse serán os mais económicos posibles.

ESTAS SON COMO EXEMPLO ALGUNHAS VANTAXAS DE TER UNHA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS NO PÁRAMO

1.Subvencións da Xunta e doutras Adminsitracións para :

a. Cursos de Formación dos traballadores

b Publicidade dos productos e servicios do Páramo e do seu bo nome .

c. Mellora da Calidade

d. Participación en Congresos e Feiras Comerciais con Stand propio.

c.Creación dunha Web que sirva de contacto cos asociados e información os consumidores e clientes dos productos do Páramo.

2. Solicitar axudas ás Fundacións Galegas ( Fundación Caixa Galicia , Barrié , etc.)

3. Participación activa na Creación dun Polígono Empresarial no Páramo e petición de axudas para o fomento empresarial do Páramo .

4 .Asociación directa e voluntaria á CEL “Confederación de Empresarios de Lugo “ a un prezo de 12 € ó mes por socio .

lunes, diciembre 11, 2006

O Centro Galego de La Habana !



Antes de partir , a unha parexa de recen casados que facía a súa viaxe de lúa de mel a Cuba aconselleilles ver o Centro Gallego de La Habana (feito integramente con pedra de Galicia ) .
Alo se foron é a volta me contaron que dous Cubanitos que fixeran de guias lles dixeran que o Centro Galego fora derruido e que os seus documentos estaban no Centro Asturiano .Magoa que eses tan bos guías nativos contaran semellante trola para salvagardar a súa ignorancia (a ignorancia é moi atrevida).
O Centro Galego foi expropiado coa Revolución pero desde fai pouco devolveron unha pequena sala do edificio ó Centro Galego.Nel se tocou por primeira vez o Himno Galego e se mostrou a bandeira galega .Ahh ! e segue en pé e está xustamente á dereita do Capitolio. Hoxe é a sede do Ballet Nacional de Cuba .

(+pincha)
(+ver situación a dereita do Capitulio de Cuba )
(+pincha para ver unha foto )
(+pincha para ver todas as postais )
(+pincha para ver billetes de antes da revolución coa foto do Centro Gallego)

jueves, diciembre 07, 2006

Xornadas sobre Blogs na Aula de Productos Lacteos

O luns escomenzan na Aula de Productos Lácteos unhas xornadas sobre os blogs que organiza a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e que ademais serán gratuitas .
(+pincha) para saber máis na Voz
+pincha ) para saber máis en Chuza

miércoles, diciembre 06, 2006

O blogueiro máis novo de A.O.P


Ainda que estas frases teñan pouco sentido , para min e para J.A ( meu afillado si o teñen ) .
Con xa so 6 anos foi capaz de facer esto en paint onte el soliño , escribir as letras , facer as pinturas , cambiar o color , borrar e volver pintar etc .
Eu toquei por primeira vez un PC con 20 anos , J.A xa con 6 . A miña primeira clase de inglés foi con 12 , JA , con 5 .
Canto avanzan as novas xeracións !
Aquí queda para a historia o primeiro Post de J.A en Aquí O Páramo ! que fai o número 531 .
E que convirte a JA no blogger máis novo de Galicia :)

martes, diciembre 05, 2006

Diferentes concepcións no Foro de Ideas sobre a Historia do Páramo

Estos días os Foros do Páramo volven a estar de actualidade , diversos post , e novedosas ideas sobre a orixe das Feiras de Primavera que haberá estudar en detalle (+pincha)

sábado, diciembre 02, 2006

Preguntas !

Fomento adxudica a variante ferroviaria por Moscán

Fomento adxudicou onte o cambio de trazado da liña ferroviaria que pasa pola Puebla ( Pobra de San Xuliao) . A liña pensada para ser no futuro tipo Ave pasará ahora por Moscán e a estación da Pobra estará en Moscán . Chamaremoslle a esa estación Pobra de San Xuliao ? ou Moscán ? Aproveitaremos as sinerxias da estación futura para construir un porto seco no futuro polígono industrial ? , solicitaremos de paso un millor acceso desde a Pobra cara a O Páramo aproveitando a construcción da estación para retirar o acceso da Greimunde como acceso principal e comunicar do millor a estación do tren co futuro porto seco e o polígono ?
Pediremoslle eso á Xunta ? Sí ?
quedará prevista esa infrastructuctura nas acutais obras ?
ou quedará todo en auga de borrajas ? sin saber aproveitar os tantos que nos veñen de fóra !

(+pincha) para ir a nova da Voz de Galicia
(+pincha) No Foro de Ideas : un Porto Seco para O Páramo

Big Brother 2 : Destapando Segredos !


Esta foto corresponde á convención do PP de hai unha semana en Monforte. Son un grupo de xente da comarca de Sarria, con un senador (Fernando Carlos Rodríguez) e varios alcaldes... incluído o de Sarria, José Antonio García.
Dicen que a socialdemocracia so cabe no centro igual por eso o noso se puxo ahí ( no centro ) e a dereita ( un intérprete ) de Vilasante .
Máis outra cousa parece clara á vista da seguinte foto : que o de Paradela , Láncara , Sarria e Páramo volverán a presentarse !
(+pincha). Sacado do Blog Letras Vaqueiras )

O Campo da Feira pasa a ser a Capital do Páramo

O Consello da Xunta aprobou o pasado xoves o decreto polo que o Concello do Páramo cambia a súa capitalidade hasta o de ahora situada no núcleo de Trebolle e que pasará a ser O Campo da Feira de Vilarmosteiro ó que o Concello dedidiu chamarlle O Páramo .
Eu sempre considerei apropiado chamarlle tamén Vilarmosteiro ó Campo da Feira e así foi que presentei unha proposta . Algúen dixera en Pleno que eu quería poñer o multiusos na aldea de Vilarmosteiro , ¿ sería no cimo do campanario ? , sinal de que non leran a miña proposta
Unha vez que o documento de Vilarmosteiro do ano 1229 me confirmaron a semana pasada que é o segundo máis antigo da Provincia de Lugo ( terceiro de Galicia ) escrito en galego , ter elexido dito nome darialle unha antiguidade á capitalidade de 800 anos e un prestixio cultural indiscutible . A maioría gañou e lle puxeron O Páramo , eu ! ........... estou conforme ( quixoo a maioría ) e polo menos aportei a miña idea ó pleno , ainda que ....... me houbese gustado que a leeran algúns :)
.
(+pincha) para ir a nova da Voz de Galicia
(+pincha) para ler sobre a antiguidade do documento do 1229 de Vilarmosteiro
(+pincha) para ler a miña proposta ante o pleno