O Centro Galego de La Habana !
Antes de partir , a unha parexa de recen casados que facía a súa viaxe de lúa de mel a Cuba aconselleilles ver o Centro Gallego de La Habana (feito integramente con pedra de Galicia ) .
Alo se foron é a volta me contaron que dous Cubanitos que fixeran de guias lles dixeran que o Centro Galego fora derruido e que os seus documentos estaban no Centro Asturiano .Magoa que eses tan bos guías nativos contaran semellante trola para salvagardar a súa ignorancia (a ignorancia é moi atrevida).
O Centro Galego foi expropiado coa Revolución pero desde fai pouco devolveron unha pequena sala do edificio ó Centro Galego.Nel se tocou por primeira vez o Himno Galego e se mostrou a bandeira galega .Ahh ! e segue en pé e está xustamente á dereita do Capitolio. Hoxe é a sede do Ballet Nacional de Cuba .
(+pincha)
(+ver situación a dereita do Capitulio de Cuba )
(+pincha para ver unha foto )
(+pincha para ver todas as postais )
(+pincha para ver billetes de antes da revolución coa foto do Centro Gallego)
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home