A Asociación Lares Unidos estuda a catalogación do pleito do 1229
Os veciños de Vilarmosteiro temos que irnos dando conta pouco a pouco que posuimos un dos primeiros documentos da historia escritos en galego ( posiblemente é o segundo texto máis antigo da provincia de Lugo ) despois do de Ferreira de Pallares de tan só dous anos antes (1227 ). De ser certa esta teória a Historia do Páramo e a Importancia da Igrexa de Vilarmosteiro cambiaría radicalmente . Neso estamos inmersos estes días os de "Lares Unidos " para intentar saber a clasifiación exacta que tería o noso pleito do ano 1229 na secuencia dos primeiros documentos escritos en galego consultado ó Consello da Cultura Galega e a distintos profesores de Filoloxía Antiga da Universidade de Santiago .
(+pincha para saber máis da historia de Vilarmosteiro e do Páramo )
(+pincha para saber máis da historia de Vilarmosteiro e do Páramo )
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home