Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Aquí O Páramo !: O Campo da Feira pasa a ser a Capital do Páramo

sábado, diciembre 02, 2006

O Campo da Feira pasa a ser a Capital do Páramo

O Consello da Xunta aprobou o pasado xoves o decreto polo que o Concello do Páramo cambia a súa capitalidade hasta o de ahora situada no núcleo de Trebolle e que pasará a ser O Campo da Feira de Vilarmosteiro ó que o Concello dedidiu chamarlle O Páramo .
Eu sempre considerei apropiado chamarlle tamén Vilarmosteiro ó Campo da Feira e así foi que presentei unha proposta . Algúen dixera en Pleno que eu quería poñer o multiusos na aldea de Vilarmosteiro , ¿ sería no cimo do campanario ? , sinal de que non leran a miña proposta
Unha vez que o documento de Vilarmosteiro do ano 1229 me confirmaron a semana pasada que é o segundo máis antigo da Provincia de Lugo ( terceiro de Galicia ) escrito en galego , ter elexido dito nome darialle unha antiguidade á capitalidade de 800 anos e un prestixio cultural indiscutible . A maioría gañou e lle puxeron O Páramo , eu ! ........... estou conforme ( quixoo a maioría ) e polo menos aportei a miña idea ó pleno , ainda que ....... me houbese gustado que a leeran algúns :)
.
(+pincha) para ir a nova da Voz de Galicia
(+pincha) para ler sobre a antiguidade do documento do 1229 de Vilarmosteiro
(+pincha) para ler a miña proposta ante o pleno