Crease a Primeira Asociación de Empresarios do Páramo
Invitámoste a participar na Asamblea Fundacional da futura “ Asociación de Empresarios e Comerciantes do Páramo “ que terá lugar este día Sábado 16 de Decembro do 2006 no Bar Santas ás 19:00 horas ( 7 da tarde ) .
Puntos a tratar :
- Creación da Asociación .
- Nomeamento dunha Xunta Directiva en votación democrática , e secreta .
Poderán formar parte da Asociación calquera Empresario , Autónomo ou Comerciante que teña a súa sede no Páramo ou intereses económicos neste Concello .
Os custos de Asociarse serán os mais económicos posibles.
ESTAS SON COMO EXEMPLO ALGUNHAS VANTAXAS DE TER UNHA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS NO PÁRAMO
1.Subvencións da Xunta e doutras Adminsitracións para :
a. Cursos de Formación dos traballadores
b Publicidade dos productos e servicios do Páramo e do seu bo nome .
c. Mellora da Calidade
d. Participación en Congresos e Feiras Comerciais con Stand propio.
c.Creación dunha Web que sirva de contacto cos asociados e información os consumidores e clientes dos productos do Páramo.
2. Solicitar axudas ás Fundacións Galegas ( Fundación Caixa Galicia , Barrié , etc.)
3. Participación activa na Creación dun Polígono Empresarial no Páramo e petición de axudas para o fomento empresarial do Páramo .
4 .Asociación directa e voluntaria á CEL “Confederación de Empresarios de Lugo “ a un prezo de 12 € ó mes por socio .
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home