jueves, marzo 29, 2007
sábado, marzo 24, 2007
Novas propostas culturais de Eduardo López Valiña
Acabame de chegar este mail desde Alemania ! Alguen interesado para viaxar aló ?
Si conocieras a alguien interesado, dale mis detalles de contacto por favor.
viernes, marzo 23, 2007
Vilarmosteiro e Friolfe Grandes Perxudicados pola falla de Banda Ancha no 2007 !
(+pincha)
Vilarmosteiro e Friolfe Grandes Perxudicados pola falla de Banda Ancha no 2007 !
GALICIA | LUGO | Páramo, O | Grallas (O Paramo) | 27043 | 2007 | WIMAX |
GALICIA | LUGO | Páramo, O | Neira (O Paramo) | 27043 | 2007 | WIMAX |
GALICIA | LUGO | Páramo, O | Piñeiro (O Paramo) | 27043 | 2007 | Satélite |
GALICIA | LUGO | Páramo, O | Reascos (O Paramo) | 27043 | 2007 | WIMAX |
GALICIA | LUGO | Páramo, O | Ribas de Miño (O Paramo) | 27043 | 2007 | ADSL/Satélite |
GALICIA | LUGO | Páramo, O | Ribeira (O Paramo) | 27043 | 2007 | WIMAX |
GALICIA | LUGO | Páramo, O | San Andres (O Paramo) | 27043 | 2007 | WIMAX |
GALICIA | LUGO | Páramo, O | Santa Maria de Gondrame (O Paramo) | 27043 | 2007 | WIMAX |
GALICIA | LUGO | Páramo, O | Vilafiz (O Paramo) | 27043 | 2007 | ADSL |
GALICIA | LUGO | Páramo, O | Vilasante (O Paramo) | 27043 | 2007 | WIMAX |
GALICIA | LUGO | Páramo, O | Vileiriz (O Paramo) | 27043 | 2007 | WIMAX |
jueves, marzo 22, 2007
"Sabes onde está La Teijeira, El Bollo ou Chandreja de Queija...?"
A web en galego da Deputación de Lugo leva seis anos "en obras".
viernes, marzo 16, 2007
A herencia do Partido Galeguista no Páramo !
Daquel Partido Galeguista "o da II República "somos deudores toda a Sociedade Galega ó permitirnos ese Partido a través de Castelao , Vilar Ponte , Suarez Picallo ou Otero Pedrayo en Madrid poder calificarnos hoxe de "Nacionalidade Histórica " .
Para outro día deixarei o fermoso discurso de Castelao ante o Congreso dos Diputados en Madrid do 18 de Setembro do ano 1931 que vale a pena reproducir palabra a palabra pois é un poema en si mesmo .
No PÁRAMO o Partido Galeguista estaba constituido entre outros por Ramiro de Mundin ou Jesús de Vigo . Anos máis tarde na transición Jesús foi o primeiro concellal do PSdeG-PSOE no Páramo .
Gracias a eles estivo no Campo da Feira " Otero Pedrayo " dando un discurso e moi posiblemente Castelao ( máis ainda non o teño confirmado ) .
Hoxe deixo aquí a foto do selo do Partido Galeguista ( gardado como ouro en paño nun lugar secreto da Provincia de Lugo , a salvo de curiosos) .Pensar que con so posuilo houbese significado pena de morte segura para eles nos anos duros da dictatura .Por eso quero hoxe facer memoria para o Grupo Galeguista do Páramo , dos seus logros , do seu legado e mesmo deste selo que hoxe presentamos como primicia en "Aquí O Páramo ! " .
Pablo
martes, marzo 13, 2007
O lixo ilegal que se amoreaba en naves de Sarria procedía de Alemaña.
2013. Galiza elixe Presidenta
Até 2005 houbo 25 mulleres no Parlamento de Galicia. Nesta lexislatura a cifra mesmo minguou a 24 deputadas. O feito de que unha muller, Dores Villarino, fose escollida para presidir a institución, non oculta o déficit de representación nos escanos. ( pincha para seguir lendo)
lunes, marzo 12, 2007
Aquí O Páramo ! crea Lugo England !
¿ Qué é Lugo England ? Pois moi sinxelo ! , é un blog creado para centralizar e facer nacer unha comunidade virtual entorno dos recursos en lingua inglesa na area de Lugo .
Tratanse temas de actualizade en inglés sobre o Mundo , Galicia e sobre O Páramo !
Sendo un punto de enlace de profesores nativos de inglés coa ensinanza de dito idioma na nosa zona .
(+pincha)
Pablo
domingo, marzo 11, 2007
Freedom for O Páramo !
Vendo este tipo de matrículas parece que O Páramo xa logrou a súa tan ansiada independencia e nos fai lembrar a un pais como Andorra , San Marino ou Cidade do Vaticano con matrículas propias . Pero estas matrículas son de tempos pasados .............................. eran ! as matrículas vellas que levaban os carros de antes ! .
Sobre o da Indepencia máis que unha independencia material necesitamos unha boa dose de independencia moral e de valores !
jueves, marzo 08, 2007
Eduardo Valiña : O Artista máis universal do Páramo
UN FRAGMENTO DAS PALABRAS DE EDUARDO EN EL PAIS :
"En Galicia a cultura rural é a predominante e a vida urbana é algo relativamente recente. Hai 15 anos aquí aínda se cultivaba a terra con arado e os carros de vacas circulaban polas cidades. Eu vivín nunha aldea ate os 14 anos e a miña obra ten moito que ver coas vivencias que tiven entón. O que fago é beber da cultura popular e reinterpretala", explica Valiña. Ao seu xuízo a cultura tradicional galega está "morrendo" e a súa xeración, a dos anos 70, é a derradeira que tivo a oportunidade de vivir no mundo rural.
"Eu utilizo as ferramentas que teño, entre as que se atopan as novas tecnoloxías, para tratar de contar quen son e as cousas que me pasan. Comecei a traballar cos elementos naturais porque os tiña ante min e constituían unha forma de información moi forte", sinala o artista lugués, quen considera que en Galicia aínda existe un certo rexeitamento cara ao que representa a cultura rural. "O acento galego aínda se emprega nalgúns medios de comunicación coma un simbolo de pailanismo. Temos que aprender a valorar o que temos e o que somos porque se non es consciente da túa identidade non podes facer nada. Iso si, traballar con materiais do mundo rural non exclúe que, ao mesmo tempo, trates un tema cun enfoque urbano. Eu fágoo a miúdo nas miñas pezas".
(+pincha para ler un artigo sobre del en EL PAIS )
(+pincha )para saber máis