Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Aquí O Páramo !: Eduardo Valiña : O Artista máis universal do Páramo

jueves, marzo 08, 2007

Eduardo Valiña : O Artista máis universal do Páramo

De novo encontramos cousas do Artista Eduardo Valiña na rede. Un artista que cada vez está sendo máis coñecido no eido cultura . Aquí nos atopamos con un artigo valiosisimo de Xosé Manuel Lens non que nos fala da súa obra e do dialogo da súa obra co medio rural .(+pincha)

UN FRAGMENTO DAS PALABRAS DE EDUARDO EN EL PAIS :

"En Galicia a cultura rural é a predominante e a vida urbana é algo relativamente recente. Hai 15 anos aquí aínda se cultivaba a terra con arado e os carros de vacas circulaban polas cidades. Eu vivín nunha aldea ate os 14 anos e a miña obra ten moito que ver coas vivencias que tiven entón. O que fago é beber da cultura popular e reinterpretala", explica Valiña. Ao seu xuízo a cultura tradicional galega está "morrendo" e a súa xeración, a dos anos 70, é a derradeira que tivo a oportunidade de vivir no mundo rural.

"Eu utilizo as ferramentas que teño, entre as que se atopan as novas tecnoloxías, para tratar de contar quen son e as cousas que me pasan. Comecei a traballar cos elementos naturais porque os tiña ante min e constituían unha forma de información moi forte", sinala o artista lugués, quen considera que en Galicia aínda existe un certo rexeitamento cara ao que representa a cultura rural. "O acento galego aínda se emprega nalgúns medios de comunicación coma un simbolo de pailanismo. Temos que aprender a valorar o que temos e o que somos porque se non es consciente da túa identidade non podes facer nada. Iso si, traballar con materiais do mundo rural non exclúe que, ao mesmo tempo, trates un tema cun enfoque urbano. Eu fágoo a miúdo nas miñas pezas".



(+pincha para ler un artigo sobre del en EL PAIS )

(+pincha )para saber máis