Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Aquí O Páramo !: Os "campionatos" de caza non son deporte: non máis subvencións públicas!

jueves, marzo 29, 2007

Os "campionatos" de caza non son deporte: non máis subvencións públicas!

O colectivo cívico Matar por matar, NON! do que forma parte ADEGA, ven de remitir unha carta á conselleira de Cultura solicitándolle que non continúe a subvencionar os mal chamados "campionatos" de caza coa excusa de que é unha actividade deportiva máis. Estes "eventos" están nas antípodas do que representa o deporte como veículo educativo e de transmisión de valores cívicos (igualdade, solidariedade, respecto polo ambiente...) Competindo por ver quen mata máis seres vivos, que tipo de valores estamos a transmitir á nosa mocidade? ( Pincha para seguir lendo)