Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Aquí O Páramo !: A herencia do Partido Galeguista no Páramo !

viernes, marzo 16, 2007

A herencia do Partido Galeguista no Páramo !

Poucos saben ou lembran que na II República tivemos unha Agrupación do Partido Galeguista no Páramo . Dito nome en nada ou pouco ten que ver co actual partido localista " Partido Galeguista".
Daquel Partido Galeguista "o da II República "somos deudores toda a Sociedade Galega ó permitirnos ese Partido a través de Castelao , Vilar Ponte , Suarez Picallo ou Otero Pedrayo en Madrid poder calificarnos hoxe de "Nacionalidade Histórica " .
Para outro día deixarei o fermoso discurso de Castelao ante o Congreso dos Diputados en Madrid do 18 de Setembro do ano 1931 que vale a pena reproducir palabra a palabra pois é un poema en si mesmo .

No PÁRAMO o Partido Galeguista estaba constituido entre outros por Ramiro de Mundin ou Jesús de Vigo . Anos máis tarde na transición Jesús foi o primeiro concellal do PSdeG-PSOE no Páramo .
Gracias a eles estivo no Campo da Feira " Otero Pedrayo " dando un discurso e moi posiblemente Castelao ( máis ainda non o teño confirmado ) .

Hoxe deixo aquí a foto do selo do Partido Galeguista ( gardado como ouro en paño nun lugar secreto da Provincia de Lugo , a salvo de curiosos) .Pensar que con so posuilo houbese significado pena de morte segura para eles nos anos duros da dictatura .Por eso quero hoxe facer memoria para o Grupo Galeguista do Páramo , dos seus logros , do seu legado e mesmo deste selo que hoxe presentamos como primicia en "Aquí O Páramo ! " .

Pablo