Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Aquí O Páramo !

martes, junio 24, 2008

Noite de San Xoan en Vilarmosteiro


A.O.P nº581 :Parece sen dudalo por un instante que o espíritu de Mundo Toleirán anida e medra con forza nas xentes de Vilarmosteiro xa que sendo a de onte unha edicción que ano tras ano é máis concurrida, todos saltaron das formas máis imaxinativas o lume: saltanto no medio dos hombros de dous , cruzando nunha carretilla, cruzando o lume andando suavemente como fixo Pepe de Barcelona en reiteradas ocasións ou collendo un enorme montón de xestas coa desensiladora do tractor como Manoliño fixo en reiteradas ocasións convertindo o lume novo nuns grandes altos fornos ......................

lunes, diciembre 10, 2007

Lugo seguirá teniendo su duquesa

E no Páramo, que non somos menos, o noso marqués. Se queres saber algo mais da información publicada pincha no enlace de mais abaixo, e lee a nova completa da Voz de Galicia.

Enlace ca nova publicada na Voz de Galicia (pincha aquí)

martes, octubre 02, 2007

Primeiro post de " Aqui O Paramo"desde Derry


E xa que estou en Derry ( Irlanda do Norte) poderia decir Aqui Derry ! .
Non sei que historia deberia contar se a real ou a version peliculera.
Resulta que me vinen para un un lugar que eu consideraba remoto, o norte de Irlanda, coa idea de aprender Ingles e tamen decidin virme en Outubro xa que pensei que haberia menos espanoles.
Pois non en Outubro hai tamen moitos espanoles, de andalucia,de arriba de abaixo, de Galicia e hasta hoxe conecin duas rapazas de Friol.
En canto o Ingles aqui falase un ingles con un acento gaelico tan pechado que hasta os ingleses lles costa entender.
E que decir en canto a paisaxe xa que hai igual toxos, caraballos, silvas......... chuvia, ceos cubertos.
O bon e que Aqui hai moi boa xente e os espanoles si que formamos aqui unha comunidade unida, aqui non temos diferencias, en moi pouquino tempo facemonos todos amigos e pasa un todo o dia rindo. Supono que eso sera o mais importante.

sábado, septiembre 22, 2007

¿ Quen é Paco el Pocero ?

A vida de Franciso Hernando é sorprendente ! pero quen este home tamén coñecido como Paco el Pocero ? ( +pincha )

Outra vez por aquí !


VOLANDO POR RIBA DO PÁRAMO E PORTOMARIN


O de escribir é un costume que se colle . Non sei que escritor dixo que a Inspiración tíñate que pillar traballando e eu parei de traballar moitas veces en A.O.P polo cansino que se fai esperar horas e horas a que se abra internet debido á falta de banda ancha que temos aquí . Máis este ano 2007 foi tan intenso que tiña que deixar algo escrito ! todo non se pode contar ! máis si trociños ! como esta foto que saquei eu coa miña cámara de cando ia por Riba de Portomarin no avión de Vueling camiño de Santiago ( tamén se ve un trociño do Páramo ). Logo aterrei en Lavacolla claro que houbera chegado antes tirandome en paracaidas a altura de Portomarín ) :) .

viernes, julio 13, 2007

O noso Alcalde e as suas "Festas"

Enlace co artigo publicado por Aspirino (Pincha Aquí).

viernes, junio 08, 2007

Os Amigos do PSdeG-PSOE do Páramo

Soiños baixaban pola estrada do Campo da Feira o Rexedor Municipal , algún concellal e o ainda Presidente en funcións da Deputación de Lugo xunto con un so delegado da Xunta.
Semella que se empeza a materializar o futuro aillamento político do Concello hasta na Inauguración dunha festa ! .
Pola contra o PSdeG-PSOE desembarcará no Páramo o día 10 de Xuño e durante a súa Comida Anual das Feiras da Primavera a maior flota de Autoridades e Cargos Públicos da Xunta de Galicia xamais vistos antes no Páramo
(+Pincha para ir á noticia )
Por certo , estades todos invitados !

lunes, mayo 28, 2007

Resultados Eleccions Municipais 2007

Pra ver o resultado das Eleccions Municipais no Páramo (pincha aquí)

martes, mayo 08, 2007


MITIN CENTRAL DO PSdeG-PSOE DO PÁRAMO
DÍA 22 DE MAIO ÁS 21:00 HORAS NA CASA DO MÉDICO
CAMPO DA FEIRA ( VILARMOSTEIRO)

Intervirán :

Don Pastor Fuenteseca Díaz
Director Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia.


Dona Margarita Pérez Herranz
Deputada no Parlamento Galego

(+Pincha)

lunes, mayo 07, 2007

www.socialistasdoparamo.org segue marchando !

www.socialistasdoparamo.org é o Blog da Agrupación do PSdeG-PSOE do Páramo. Por ahora é o primeiro dominio .org do Páramo pero tamén é o primeiro Blog/Web dun Partido no Páramo.Para un partido que vai estar na vangarda do uso e da práctica das novas tecnoloxias TIC.
(+pincha)

sábado, mayo 05, 2007

Dende os concellos tamén facemos País!

Con oito caras novas e co apoio da mocidade nacionalista o BNG de Sarria ven de presenta-la súa candidatura ás vindeiras eleicións municipais .Con Xosé Luís Castro Páramo á cabeza o BNG sarriao aposta polo cambio dando paso a xuventude na lista coa que concorre á próxima cita eleitoral.

(pincha para seguir lendo)

martes, abril 24, 2007

Encontro de maiores ou electoralismo???

Enlace co Bando do Alcalde e reflexión de Aspirino
Pincha aquí

Reproducción do Bando publicado na web do Concello

BANDO

DO ALCALDE

12 ENCONTRO DE MAIORES DO CONCELLO DE O PARAMO 2007

DON GUMERSINDO A. RODRIGUEZ LIZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE O PARAMO (LUGO),
FAI SABER

Que o vindeiro 8 de Maio de 2007 vaise celebrar o 12 ENCONTRO DE PERSOAS MAIORES (3? Idade) E PENSIONISTAS MENORES DE 65 ANOS deste municipio, CUNHA COMIDA DE CONFRATERNIDADE , no patio do colexio sito no campo da Feira.
O PROGRAMA DO ACTO sera o seguinte:

- AS 13:00 HORAS - RECEPCION DE INVITADOS.- AS 13:30 HORAS - MISA SOLEMNE- AS 14:00 HORAS - ACTUACION MUSICAL- AS 14:30 HORAS - COMIDA- AS 17:00 HORAS - ACTUACION DUNHA GRAN ORQUESTA
As persoas interesadas en participar endito ENCONTRO, que sexan pensionistas ou mayores de 65 anos, deberan anotarse nas oficinas do Concello provisto do DNI ou da cartilla de pensionista, antes do dia 4 de Maio de 2007.
Para mais informacion o respecto poden chamar as oficinas do Concello onde se lles dara cumprida informacion o respecto.
PARAMO, 20 DE ABRIL DE 2007O ALCALDE,
GUMERSINDO RODRIGUEZ LIZ



NOTA: HABERA SERVIZO DE AUTOCARES POLAS PARROQUIAS

domingo, abril 01, 2007

Reaparición de FIDEL CASTRO

A Reaparición de Fidel Castro ( persoa con fortes vínculos familiares en Láncara ) por Victor Villarabid (+pincha)

jueves, marzo 29, 2007

Os "campionatos" de caza non son deporte: non máis subvencións públicas!

O colectivo cívico Matar por matar, NON! do que forma parte ADEGA, ven de remitir unha carta á conselleira de Cultura solicitándolle que non continúe a subvencionar os mal chamados "campionatos" de caza coa excusa de que é unha actividade deportiva máis. Estes "eventos" están nas antípodas do que representa o deporte como veículo educativo e de transmisión de valores cívicos (igualdade, solidariedade, respecto polo ambiente...) Competindo por ver quen mata máis seres vivos, que tipo de valores estamos a transmitir á nosa mocidade? ( Pincha para seguir lendo)

sábado, marzo 24, 2007

Novas propostas culturais de Eduardo López Valiña

(+pincha aquí ) para coñecer as novas propostas culturais que nos envia Eduardo López Valiña

Acabame de chegar este mail desde Alemania ! Alguen interesado para viaxar aló ?

Hola Pablo,
, te escribo porque sé de un par de oportunidades aquí en Alemania que quizás pudieran serle de utilidad a alguien, y como tu conoces ahí a tanta gente ..... pues quizás podrías conocer a alguien (me parece una pena que se desaprovechen así).
Serían para gente que ha estudiado algo relacionado con la química o con la física:
-prácticas sobre ventanas electrocrómicas. Sería en Furth im Wald (Baviera). Página de la empresa: http: //www.flabeg.com/deutsch/Automotive/Seiten/Automotive1.html
-doctorado sobre Glow Discharge Optical Emission Spectroscopy, con una beca Marie Curie (aprox 1900 euros mensuales). Serían dos años en Dortmund (Alemania) y otro en Estocolmo (Suecia). Página de la compañía: http://www.thyssenkrupp.com/

Si conocieras a alguien interesado, dale mis detalles de contacto por favor.
Saludetes alemanes,

viernes, marzo 23, 2007

Vilarmosteiro e Friolfe Grandes Perxudicados pola falla de Banda Ancha no 2007 !

A tabla que vemos aquí abaixo corresponde a todos as aldeas do Páramo ás que está previsto trasladar a Banda Ancha durante o ano 2007 . De todas as Parroquias do Páramo saen gravemente perxudicadas Vilarmosteiro e Friolfe . A primeira por ter alí a Capitalidade Municipal , a segunda Parroquía por ser a máis grande do Páramo con 22 núcleos .
(+pincha)

Vilarmosteiro e Friolfe Grandes Perxudicados pola falla de Banda Ancha no 2007 !








GALICIA LUGO Páramo, O Grallas (O Paramo) 27043 2007 WIMAX
GALICIA LUGO Páramo, O Neira (O Paramo) 27043 2007 WIMAX
GALICIA LUGO Páramo, O Piñeiro (O Paramo) 27043 2007 Satélite
GALICIA LUGO Páramo, O Reascos (O Paramo) 27043 2007 WIMAX
GALICIA LUGO Páramo, O Ribas de Miño (O Paramo) 27043 2007 ADSL/Satélite
GALICIA LUGO Páramo, O Ribeira (O Paramo) 27043 2007 WIMAX
GALICIA LUGO Páramo, O San Andres (O Paramo) 27043 2007 WIMAX
GALICIA LUGO Páramo, O Santa Maria de Gondrame (O Paramo) 27043 2007 WIMAX
GALICIA LUGO Páramo, O Vilafiz (O Paramo) 27043 2007 ADSL
GALICIA LUGO Páramo, O Vilasante (O Paramo) 27043 2007 WIMAX
GALICIA LUGO Páramo, O Vileiriz (O Paramo)
27043 2007 WIMAX

jueves, marzo 22, 2007

"Sabes onde está La Teijeira, El Bollo ou Chandreja de Queija...?"

"...Nós dicímoscho: no Instituto Xeográfico Nacional". A Ciberirmandade da Fala suma apoios na rede para eliminar os "barbarismos" da web deste órgano dependente do Ministerio de Fomento. (Pincha para seguir lendo)

A web en galego da Deputación de Lugo leva seis anos "en obras".

A lingua do país segue a ser discriminada polo organismo provincial tres anos despois de reformar á súa páxina en internet, e outros tantos máis dende que varias organizacións cívicas llo reclamaran oficialmente. ( pincha para seguir lendo)

viernes, marzo 16, 2007

A herencia do Partido Galeguista no Páramo !

Poucos saben ou lembran que na II República tivemos unha Agrupación do Partido Galeguista no Páramo . Dito nome en nada ou pouco ten que ver co actual partido localista " Partido Galeguista".
Daquel Partido Galeguista "o da II República "somos deudores toda a Sociedade Galega ó permitirnos ese Partido a través de Castelao , Vilar Ponte , Suarez Picallo ou Otero Pedrayo en Madrid poder calificarnos hoxe de "Nacionalidade Histórica " .
Para outro día deixarei o fermoso discurso de Castelao ante o Congreso dos Diputados en Madrid do 18 de Setembro do ano 1931 que vale a pena reproducir palabra a palabra pois é un poema en si mesmo .

No PÁRAMO o Partido Galeguista estaba constituido entre outros por Ramiro de Mundin ou Jesús de Vigo . Anos máis tarde na transición Jesús foi o primeiro concellal do PSdeG-PSOE no Páramo .
Gracias a eles estivo no Campo da Feira " Otero Pedrayo " dando un discurso e moi posiblemente Castelao ( máis ainda non o teño confirmado ) .

Hoxe deixo aquí a foto do selo do Partido Galeguista ( gardado como ouro en paño nun lugar secreto da Provincia de Lugo , a salvo de curiosos) .Pensar que con so posuilo houbese significado pena de morte segura para eles nos anos duros da dictatura .Por eso quero hoxe facer memoria para o Grupo Galeguista do Páramo , dos seus logros , do seu legado e mesmo deste selo que hoxe presentamos como primicia en "Aquí O Páramo ! " .

Pablo

martes, marzo 13, 2007

O lixo ilegal que se amoreaba en naves de Sarria procedía de Alemaña.

Medio Ambiente constata que os despoxos atopados en Sarria son rexeitamentos de plantas de tratamento de residuos sólidos urbanos, procedentes de Alemaña. ( pincha para seguir lendo)

2013. Galiza elixe Presidenta

Por que Galiza non ten unha muller presidenta?
Até 2005 houbo 25 mulleres no Parlamento de Galicia. Nesta lexislatura a cifra mesmo minguou a 24 deputadas. O feito de que unha muller, Dores Villarino, fose escollida para presidir a institución, non oculta o déficit de representación nos escanos. ( pincha para seguir lendo)

lunes, marzo 12, 2007

Aquí O Páramo ! crea Lugo England !


¿ Qué é Lugo England ? Pois moi sinxelo ! , é un blog creado para centralizar e facer nacer unha comunidade virtual entorno dos recursos en lingua inglesa na area de Lugo .
Tratanse temas de actualizade en inglés sobre o Mundo , Galicia e sobre O Páramo !
Sendo un punto de enlace de profesores nativos de inglés coa ensinanza de dito idioma na nosa zona .
(+pincha)

Pablo

domingo, marzo 11, 2007

Freedom for O Páramo !


Vendo este tipo de matrículas parece que O Páramo xa logrou a súa tan ansiada independencia e nos fai lembrar a un pais como Andorra , San Marino ou Cidade do Vaticano con matrículas propias . Pero estas matrículas son de tempos pasados .............................. eran ! as matrículas vellas que levaban os carros de antes ! .
Sobre o da Indepencia máis que unha independencia material necesitamos unha boa dose de independencia moral e de valores !

jueves, marzo 08, 2007

Eduardo Valiña : O Artista máis universal do Páramo

De novo encontramos cousas do Artista Eduardo Valiña na rede. Un artista que cada vez está sendo máis coñecido no eido cultura . Aquí nos atopamos con un artigo valiosisimo de Xosé Manuel Lens non que nos fala da súa obra e do dialogo da súa obra co medio rural .(+pincha)

UN FRAGMENTO DAS PALABRAS DE EDUARDO EN EL PAIS :

"En Galicia a cultura rural é a predominante e a vida urbana é algo relativamente recente. Hai 15 anos aquí aínda se cultivaba a terra con arado e os carros de vacas circulaban polas cidades. Eu vivín nunha aldea ate os 14 anos e a miña obra ten moito que ver coas vivencias que tiven entón. O que fago é beber da cultura popular e reinterpretala", explica Valiña. Ao seu xuízo a cultura tradicional galega está "morrendo" e a súa xeración, a dos anos 70, é a derradeira que tivo a oportunidade de vivir no mundo rural.

"Eu utilizo as ferramentas que teño, entre as que se atopan as novas tecnoloxías, para tratar de contar quen son e as cousas que me pasan. Comecei a traballar cos elementos naturais porque os tiña ante min e constituían unha forma de información moi forte", sinala o artista lugués, quen considera que en Galicia aínda existe un certo rexeitamento cara ao que representa a cultura rural. "O acento galego aínda se emprega nalgúns medios de comunicación coma un simbolo de pailanismo. Temos que aprender a valorar o que temos e o que somos porque se non es consciente da túa identidade non podes facer nada. Iso si, traballar con materiais do mundo rural non exclúe que, ao mesmo tempo, trates un tema cun enfoque urbano. Eu fágoo a miúdo nas miñas pezas".



(+pincha para ler un artigo sobre del en EL PAIS )

(+pincha )para saber máis

sábado, febrero 24, 2007

Hemeroteca : Mais Reliquias !

Este periódico é do Venres 5 de abril do ano 1991 . Unha data significativa !

No Muiño de Moscan !


Estes calendarios colgados nas paredes son desas cousas que che fan relembrar os tempos pasados de neno de cando nosos pais vestian pantalóns de campana .
Este calendario ainda segue pendurado nun muiño de Moscán , e esperemos que ahora por moitos anos máis pois xa é reliquia .

miércoles, febrero 21, 2007

Villarabid falanos da situación política na Comarca

Aquí temos un artido de Villarabid que nos fala da situación actual política na Comarca de Sarria e como ve el o futuro inmediato para o 27 de Maio (+pincha)

martes, febrero 13, 2007

Unha FUNDACIÓN !

Aquí temos lei sobre as Fundacións para dar resposta alguén que me preguntaba via e-mail fai uns días (+pincha)
E por que nón a Fundación O Páramo ?

O modelo de Vila de Cruces en O Páramo !



O observatorio de Vila de Cruces chámase Observatorio Astronómico do Coto de Zarragrande ideado polo astrónomo Xosé Vázquez Caruncho un afeccionado autodidacta da astronomía que organiza de xeito periódico actividades para difundir o interese polos fenómenos do ceo.

A astronomía ofrece grandes potencialidades turísticas , sendo un turismo respetuoso co medio e os nosos montes alonxados do mar e da contaminación lumínica idoneos para esto .

(+pincha) para saber máis sobre a Astronomía en Galicia

Mais Frikismo na Galicia !

Ahora que todo o mundo se apunta a ter o seu propio Blog para " transmitir " veño de descubrir o de Manoel Baldar ( fillo e nene do famoso dramaturgo da Deputación Ourensana ) . Este blog sintoniza totalmente coas tendicias Neo Frikies Populares e aquí vemos a súa foto con Máximo Pradera (+pincha)
Falando dos pepés preguntóme se a Fundación Alfredo Bañas a traslación galega da Faes ?

CARL SAGAN e O Páramo !

Hoxe sae publicado no New York Times un artigo sobre o famoso científico Carl Sagan e por eso decidin buscar máis información na Wikipedia (+pincha).
Como decía Carl non podemos renunciar a soñar nas estrelas .
Sempre pensei que os nenos do Páramo deberían coñecer a este científico e dispoñer dun humilde observatorio astronómico ( igual que o ten Vila de Cruces ) (+pincha ) para poder ver aprender in situ o ceo estrelado, colaborando coa Agrupación Astronómica Lucense , ben entendido que so temos que mirar para arriba para aprender !

sábado, febrero 10, 2007

Falando de FINLANDIA !

Por certo que o falar da Agrupación Frikie do PG en Finlandia (Suomi) se me olvidou dicir que na Universidade de Helisinki levan máis de 10 anos estudiando galego (+pincha)

Partidos FRIKIES na GALICIA !

Navegando pola rede un quedase abraido das miles de opcións políticas que abroian na nosa terra , como por exemplo Terra Galega (no medio do texto con palabras en castelán) ,pero o máis sorprendente para min foi descubrir que o Partido Galeguista ten unha Agrupación con Web propia en Finlandia(+pincha) quedándome eu fascinado con tantas Frikadas ! :) e con tantas formas diversas de concebir a Galiza/Galicia !

martes, febrero 06, 2007

Lares Unidos dirixese ás Fundacións !

A Asociación Lares Unidos ven de dirixirse fai poucos días as Fundacións dos Bancos para solicitar material de Oficina en comcepto de donativo para a súa futura sede social .En concreto á Fundación Caixa Nova , á Fundación Caixa Galicia e á Fundación Barrie de la Maza .

Lares Unidos solicitará ubicar o cemiterio no Monte Queimado

A Asociación Lares Unidos de Vilarmosteiro e Neira solitará que o Monte Queimado sexa incluido no PXOM ( Plan Xeral de Ordenación Municipal ) do Páramo como "suelo dotacional " coa intención de ubicar alí o futuro Cemiterio Parroquial ou ben sexa o Municipal .

O prato solar de Stirling

Algo maravilloso acaba de inventar un tal Stirling en Estados Unidos (+pincha)

jueves, febrero 01, 2007

La Voz: Alcaldes candidatos do PP en Comarca Sarria

A maioría dos alcaldes da comarca de Sarria optarán a reelección (+pincha)
A mesma nova no foro de novas (+pincha)

martes, enero 23, 2007

O Páramo : A ruta dos cabaleiros de Malta !

Unha boa idea para crear no Páramo sería unha Ruta dos Cabaleiros da Orde de Malta , atendendo ó que decía estos días un blog de A.O.P (+pincha)

viernes, enero 05, 2007

Novas Enquisas en AOP

Novo Ano , Novas Ideas e AOP estrea novas enquisas , se tés o Mozilla Firefox so terás que baixar un pouquiño na barra da dereita , se tés o Internet Explorer ir hasta o fondo de todo .

jueves, enero 04, 2007

Asociación de Empresarios - Universidade

A Asociación de Empresarios do Páramo ahora en proceso creativo xa iniciou contactos coa Universidade de Santiago sobre as accións levadas a cabo finalizada a súa creación .
Esas accións pasarían por buscar puntos de colaboración coa Universidade de Santiago sobre os novos servizos que ofrece ás Asociacións de Empresarios no seu Campus de Lugo ainda que polo de agora todo esta nunha fase moi incial .

Preguntas: Sobre o Futuro Polígono Industrial !

¿Reservara o concello no futuro polígono industrial do Páramo o 10% de suelo como ben patrimonial como lle o permite a lei ?
Ese 10% podería quedar en reserva por se no futuro algun empresario do Páramo o necesitase o mesmo para implantar unha futura empresa importante .

domingo, diciembre 24, 2006

Felices festas

Bo nadal e feliz ano novo a todos os lectores e colaboradores do entramado de páxinas e blocks. Outro ano mais seguimos traballando na rede, unhas veces tratando de informar, e outras por necesidade corporal de plasmar sentimentos imposibles de gardar.
Nesta época de nadal, a poucas horas da noite boa, notase o frío propio do inverno, pero o calor humán de familiares e amigos que se acordan de un, e nos fan ver que o sentimento nunca morre, e eterno. Grazas a todos por estar ahí. Felices festas.

jueves, diciembre 21, 2006

Boas Festas e Feliz Ano Novo 2007



O equipo de redactores e colaboradores de A.O.P. e
M.T. esperamos que pasedes unhas Felices Festas
do Nadal e un Ano 2007 cheo de Paz e Felicidade
xunto ca vosa familia e seres mais queridos.

miércoles, diciembre 20, 2006

Alcaldes Candidatos na Comarcar de Sarria ( Por Victor Villarabid )

Victor Villarabid acaba de publicar no seu blog unha interesante análise sobre os candidatos do PP para as próximas eleccións na Comarca de Sarria ( +pincha)

miércoles, diciembre 13, 2006

A futura Asociacion de Empresarios :

A futura Asociación de Empresarios e Comerciantes do Páramo xa ten o seu propio Blog en Internet :

www.empresariosdoparamo.blogspot.com

Así como tamén o seu propio enderezo Electrónico :

empresariosdoparamo@gmail.com

Crease a Primeira Asociación de Empresarios do Páramo




Invitámoste a participar na Asamblea Fundacional da futura “ Asociación de Empresarios e Comerciantes do Páramo “ que terá lugar este día Sábado 16 de Decembro do 2006 no Bar Santas ás 19:00 horas ( 7 da tarde ) .

Puntos a tratar :

  1. Creación da Asociación .
  2. Nomeamento dunha Xunta Directiva en votación democrática , e secreta .

Poderán formar parte da Asociación calquera Empresario , Autónomo ou Comerciante que teña a súa sede no Páramo ou intereses económicos neste Concello .

Os custos de Asociarse serán os mais económicos posibles.

ESTAS SON COMO EXEMPLO ALGUNHAS VANTAXAS DE TER UNHA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS NO PÁRAMO

1.Subvencións da Xunta e doutras Adminsitracións para :

a. Cursos de Formación dos traballadores

b Publicidade dos productos e servicios do Páramo e do seu bo nome .

c. Mellora da Calidade

d. Participación en Congresos e Feiras Comerciais con Stand propio.

c.Creación dunha Web que sirva de contacto cos asociados e información os consumidores e clientes dos productos do Páramo.

2. Solicitar axudas ás Fundacións Galegas ( Fundación Caixa Galicia , Barrié , etc.)

3. Participación activa na Creación dun Polígono Empresarial no Páramo e petición de axudas para o fomento empresarial do Páramo .

4 .Asociación directa e voluntaria á CEL “Confederación de Empresarios de Lugo “ a un prezo de 12 € ó mes por socio .

lunes, diciembre 11, 2006

O Centro Galego de La Habana !



Antes de partir , a unha parexa de recen casados que facía a súa viaxe de lúa de mel a Cuba aconselleilles ver o Centro Gallego de La Habana (feito integramente con pedra de Galicia ) .
Alo se foron é a volta me contaron que dous Cubanitos que fixeran de guias lles dixeran que o Centro Galego fora derruido e que os seus documentos estaban no Centro Asturiano .Magoa que eses tan bos guías nativos contaran semellante trola para salvagardar a súa ignorancia (a ignorancia é moi atrevida).
O Centro Galego foi expropiado coa Revolución pero desde fai pouco devolveron unha pequena sala do edificio ó Centro Galego.Nel se tocou por primeira vez o Himno Galego e se mostrou a bandeira galega .Ahh ! e segue en pé e está xustamente á dereita do Capitolio. Hoxe é a sede do Ballet Nacional de Cuba .

(+pincha)
(+ver situación a dereita do Capitulio de Cuba )
(+pincha para ver unha foto )
(+pincha para ver todas as postais )
(+pincha para ver billetes de antes da revolución coa foto do Centro Gallego)

jueves, diciembre 07, 2006

Xornadas sobre Blogs na Aula de Productos Lacteos

O luns escomenzan na Aula de Productos Lácteos unhas xornadas sobre os blogs que organiza a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e que ademais serán gratuitas .
(+pincha) para saber máis na Voz
+pincha ) para saber máis en Chuza

miércoles, diciembre 06, 2006

O blogueiro máis novo de A.O.P


Ainda que estas frases teñan pouco sentido , para min e para J.A ( meu afillado si o teñen ) .
Con xa so 6 anos foi capaz de facer esto en paint onte el soliño , escribir as letras , facer as pinturas , cambiar o color , borrar e volver pintar etc .
Eu toquei por primeira vez un PC con 20 anos , J.A xa con 6 . A miña primeira clase de inglés foi con 12 , JA , con 5 .
Canto avanzan as novas xeracións !
Aquí queda para a historia o primeiro Post de J.A en Aquí O Páramo ! que fai o número 531 .
E que convirte a JA no blogger máis novo de Galicia :)

martes, diciembre 05, 2006

Diferentes concepcións no Foro de Ideas sobre a Historia do Páramo

Estos días os Foros do Páramo volven a estar de actualidade , diversos post , e novedosas ideas sobre a orixe das Feiras de Primavera que haberá estudar en detalle (+pincha)

sábado, diciembre 02, 2006

Preguntas !

Fomento adxudica a variante ferroviaria por Moscán

Fomento adxudicou onte o cambio de trazado da liña ferroviaria que pasa pola Puebla ( Pobra de San Xuliao) . A liña pensada para ser no futuro tipo Ave pasará ahora por Moscán e a estación da Pobra estará en Moscán . Chamaremoslle a esa estación Pobra de San Xuliao ? ou Moscán ? Aproveitaremos as sinerxias da estación futura para construir un porto seco no futuro polígono industrial ? , solicitaremos de paso un millor acceso desde a Pobra cara a O Páramo aproveitando a construcción da estación para retirar o acceso da Greimunde como acceso principal e comunicar do millor a estación do tren co futuro porto seco e o polígono ?
Pediremoslle eso á Xunta ? Sí ?
quedará prevista esa infrastructuctura nas acutais obras ?
ou quedará todo en auga de borrajas ? sin saber aproveitar os tantos que nos veñen de fóra !

(+pincha) para ir a nova da Voz de Galicia
(+pincha) No Foro de Ideas : un Porto Seco para O Páramo

Big Brother 2 : Destapando Segredos !


Esta foto corresponde á convención do PP de hai unha semana en Monforte. Son un grupo de xente da comarca de Sarria, con un senador (Fernando Carlos Rodríguez) e varios alcaldes... incluído o de Sarria, José Antonio García.
Dicen que a socialdemocracia so cabe no centro igual por eso o noso se puxo ahí ( no centro ) e a dereita ( un intérprete ) de Vilasante .
Máis outra cousa parece clara á vista da seguinte foto : que o de Paradela , Láncara , Sarria e Páramo volverán a presentarse !
(+pincha). Sacado do Blog Letras Vaqueiras )

O Campo da Feira pasa a ser a Capital do Páramo

O Consello da Xunta aprobou o pasado xoves o decreto polo que o Concello do Páramo cambia a súa capitalidade hasta o de ahora situada no núcleo de Trebolle e que pasará a ser O Campo da Feira de Vilarmosteiro ó que o Concello dedidiu chamarlle O Páramo .
Eu sempre considerei apropiado chamarlle tamén Vilarmosteiro ó Campo da Feira e así foi que presentei unha proposta . Algúen dixera en Pleno que eu quería poñer o multiusos na aldea de Vilarmosteiro , ¿ sería no cimo do campanario ? , sinal de que non leran a miña proposta
Unha vez que o documento de Vilarmosteiro do ano 1229 me confirmaron a semana pasada que é o segundo máis antigo da Provincia de Lugo ( terceiro de Galicia ) escrito en galego , ter elexido dito nome darialle unha antiguidade á capitalidade de 800 anos e un prestixio cultural indiscutible . A maioría gañou e lle puxeron O Páramo , eu ! ........... estou conforme ( quixoo a maioría ) e polo menos aportei a miña idea ó pleno , ainda que ....... me houbese gustado que a leeran algúns :)
.
(+pincha) para ir a nova da Voz de Galicia
(+pincha) para ler sobre a antiguidade do documento do 1229 de Vilarmosteiro
(+pincha) para ler a miña proposta ante o pleno

miércoles, noviembre 29, 2006

Peligro : Ahí ven a ITV dos Tractores

Todos recordamos como o pasado ano a ITV posta no medio e medio do Campo da feira destrozara a herba deixando rodeiras por todos os lados de máis de 30 centimétros de fondura .
Este ano co Campo da Feira recien sementado e os carballos plantados espero que non se lles ocurra levalo ó Campo da Feira .
Xa que hai outros sitios : diante de onde se encontraba antes o Supermercado hai sitio de sobra ainda que o ideal sería contar on unha explanada de cemento tanto para acumular pedra e area como se fai en Vigodefondo e para estes menesteres .
A.O.P seguirá informando

martes, noviembre 28, 2006

Novas do Páramo

Nos últimos días sucederon unha serie de novas que hoxe mostramos en A.O.P
fonte : ( A Voz de Galicia )
(+pincha 1)BNG pide no Parlamento expropiación en O Páramo e Sarria por Corredor
(+pincha2) O Páramo é o segundo lugar con máis lopez despois de Sarria
(+pincha 3 ) A Diputación acepta un recurso por unha obra no Páramo
(+pinhca 4 ) O Rallie pasou por Lamabelide .
(+pincha 5) Subvencións para O Páramo

domingo, noviembre 26, 2006

Internet é o gran BIG BROTHER



Hoxe navegando polo Blogomillo pareime a ver varios blogs entre eles o chamado Ámote Moito ! e cal foi a miña sorpresa ó encontrarme nel unha foto e un comentario sobre a obra de "Para Sempre " de Eduardo Valiña ( o artista máis universal do Páramo ) durante a presentación da súa obra en Santiago (+pincha)
Internet segue a ser un gran meigallo e desta foi unha especie de Big Brother !

(+pincha) para ler máis sobre" Para Sempre" no Blogue de Ámote Moito !
(+pincha ) para ler máis sobre "Para Sempre" en A.O.P

sábado, noviembre 25, 2006

A.O.P-nova nº523 "-Podes silenciar a un home . Pero resonarán un gran aullido de protesta por todo o mundo !"
Así deixaba escrito apenas fai catro días sabendo que ia a morrer no seu "Eu Acuso" o ex axente Alexander Litvinenko (+pincha.El Mundo )

Alexander Litvinenko, ex axente do FSB ( anterior KGB ) acusou reiteradamente os servicios secretos rusos de seren os responsables dunha serie de atentados conbra bloques de vivendas en Moscú no ano 1999 . Atentados que puideron ser determinantes na posterior victoria electoral de Putin según aseguraba no seu libro "O FSB explota Rusia". O seu asasinato prodúcese separado apenas por un mes do de Anna Politkovskaya que el andaba a investigar e converte a Rusia nun dos puntos negros para a liberdade de información e de prensa no noso triste mundo de medo .

(+info EL Pais )
(+info BBC )



viernes, noviembre 24, 2006

Pais e Nais de Láncara, O Corgo e O Páramo

O vindeiro luns 27 Á MAÑÁ, no colexio da Pobra terán lugar as votacións para elixir un representante de pais (e nais) no Consello Escolar.

Así que non esquezades ir e votar se queredes estar ben representados no Consello Escolar.

C.P.I. Ramón Piñeiro

jueves, noviembre 23, 2006

Os blogs e o telensino galego a debate no Congreso do Observatorio para a Cibersociedade

Entre elas destaca "Lingua e identidade en Internet: unha breve aproximación aos blogs culturais en galego", do profesor da Universidade de Vigo, Alberto Dafonte. O experto reflexiona sobre a posibilidade de que "Internet en xeral e os blogs en particular sexan espellos da cultura dos pobos". Entre outras aportacións, o autor propón unha clasificación dos blogs culturais.
(nova cortesía de : sociedade da información )
Como todos sabedes O Páramo grazas a A.O.P converteuse no segundo concello con máis blogs en galego por cada 1000 habitantes por eso resulta tan interesante esta ponencia .


Cerceda e a Fervenza saen na 2 de TVE

Hoxe o 23 -11-2006 ás 17:00 a 2 de TVE ofreceu un Documental sobre a Fervenza no Programa "El Escarabajo Verde "chamado "Malos Tiempos para el Roble ".
Entre as persoas que saian paseando e falando na Tele encontrábase M. de Rego ( de Cerceda).
Nel ponse de manifesto a existencia da Fervenza , un lugar desprovisto de calqueira protección e que constitúe un bosque único en Europa .
(+pincha)para leer sobre o Programa !
(+pincha ) para ir a TVE Catalunya que creou o programa
(+pincha) para ler a nova no Foro do Corgo

Oxalá algún día o colguen na rede !

MALOS TIEMPOS PARA EL ROBLE

Esta semana el reportaje de “El Escarabajo Verde” nos muestra un espacio natural de singular belleza e importancia ecológica. Se trata de unos antiguos bosques de robles a orillas del río Miño, en Lugo, que corren el peligro de desaparecer.

¿Para cando unha rede Wifi ou Wimax para O Páramo ?

AOP-nova nº 519. Ben merecido o teñen no Courel para a implantación da primeira rede Wimax por parte da Xunta co proceso de despoboamento que sofre , desertización e illamento .
O Páramo , ainda que estándo a tan só 25 minutos en coche de Lugo necesita tamén unha nova infrastructura como o Wimax e comparativamente salvando a distancia en minutos a Lugo temos as mesmas dificultades de acceso que eles .
Xamais ninguén imaxinou que no ano 2006 seríamos o segundo concello de Galicia con máis Blogs por cada mil habitantes e que hoxe moita da xente que navega pola rede supera os 45 anos e gran parte desas persoas acceden a A.O.P e pegan cousas na rede e ademais son do Páramo !
O que non sabe a maioría é que o Concello ten a chave nas súas maos para ofertar un Internet de calidade ( de banda ancha ) coa súa propia infrastructura a través de Wifi ou quizais xa de Wimax sen esperar pola Xunta nin polo Estado , ( e o que é millor non depender de Telefónica !)
¿ Cales son as solucións que ten un particular paramés que necesite a rede para o seu negocio hoxe no Páramo ?
1 Alugar un piso en Lugo ou en Sarria ?
2 Pagar a maiores dos 300 euros de aluguer outros 60 por conexión a R ?
3. Pagar os 60 euros mensuais de transporte en coche ?
4. Conectarse ó internet de subida e baixada via satellite por 300 euros ó mes ?
Como vemos ainda sae máis caro irse para Lugo ! e o que aluga Piso en Lugo acostuma a facer vida por alí !.
Polo tanto as infrastructuras necesitámolas tod@s ! e necesitámolas Xa ! non só os de Madrid e Barcelona e o Caurel ! Tamén nós os que queremos vivir sempre aquí No Páramo !

(+pincha) para ver a nova da rede Wimax no Caurel
(+pincha) web galega da Sociedade da Información

miércoles, noviembre 22, 2006

Humor-MT : Irmanamento : E por que non Korea do Norte ?



A.O.P-M.T .- (nova nº 518) Miña madriña ! Cantas frikadas se descubren navegando pola rede ! . Resulta que o Goberno do presidente Nor Coreano Kim Jong Il ten unha páxina web ( hasta o de ahí todo normal ) .
Pero a primeira frikada que te atopas é encontrarte con un debuxo dunha torre de alta tensión no escudo nacional (+pincha ) para ir á Web Oficial con fondo negro ( outra gran toleirada ! ) ( a cor negra simboliza o anarquismo ) :)
Tamén teñen un dominio .com que é indicativo de ser unha empresa ( company ) en inglés , a mesmiña terminación que no Concello de Láncara :) ( casualmente o Réxime Nor Coreano só ten como unico pais amigo no exterior a Cuba ) e Cuba no exterior só ten como Nación amiga á Láncara ! .(+ pincha )
Pero o máis curioso e flipante de todo é que cando entras no menu xeral e escolles o idioma Español tés unha versión galega que é a única non escrita en Castelán (+pincha )
Estó quere dicir que Kim Jong Il é Friki ? ou que ainda non o sendo xa visitou Mundo Toleiran e mandanos un guiño ?
E xa que Láncara se irmana con Cuba , deberiamos facer nós o propio con Korea do Norte ?
Tería por fin así O Páramo o seu merecido irmanamento do que se leva falado tanto ?
E bomba atómica ?

Láncara e Guntín xa teñen webs !

AOP-Os Concellos de Láncara e Guntín de Pallares xa disfrutan da súa propia web na Internet
Guntín de Pallares (+pincha)
Láncara (+pincha)
Con todo a web de Guntín dalle mil voltas á de Láncara .
É curioso ver como hai unha case total ausencia de foros nas webs ( ¿ non interesa a participación cidadá ? )
En canto ó Concello do Páramo díxome un paxariño que lle a estaban a facer en Galicia Dixital .Non saber se ser verdade se ser mentira .!

lunes, noviembre 20, 2006

AOP en Porto do Son e Ribeira

A semana pasada o colaborador de A.O.P , JM Chanteiro achegouse hasta Porto do Son e Ribeira e deixounos estes dous Post
1 ( +pincha )
2 ( +pincha )

sábado, noviembre 18, 2006

Concello rexeitou 8 postos de traballo para O Páramo

Segúndo Xabier Bruña García Xefe do Servizo de Montes da Delegación da Consellaría de Medio Rural en Lugo o Concello do Páramo rexeitou firmar un convenio coa Consellaría de Medio Rural que xa firmaron 200 concellos de Galicia para unha Brigada de Incendios que suporía arredor de 8 postos de traballo .
Xabier Bruña sinalou ante un auditorio ateigado de xente na biblioteca do Colexo que se interesaron desde a Consellaría por este plantón sin que o Concello dese explicación algunha .

No acto público que o Bng organizou no Colexo e sobre o que os técnicos de Medio Rural informaron das concentracións parcelarias de Villeiriz , Grallás e Friolfe e da Nova Lei de prevención de incendios Maria Xesús manisfetou a súa sopresa polo feito do Concello non estar ó tanto de dita norma e sobre as Faixas de Seguridade de 25 metros ó redor das casas polas que preguntou tres veces en pleno e das que a Xunta de Goberno dixo nada sabían . As Faixas de Seguridade viran contempladas na nova Lei e xa ahora no Reglamento para obrigar a aqueles que teñan pinos ou eucaliptos a menos de 25 metros das casas a cortalos .

martes, noviembre 14, 2006

Traballo publica o calendario das festas laborais locais para 2007

O calendario laboral para o vindeiro ano presenta unha certa continuidade na determinación das festas laborais para conmemorar todo aquelo que forma parte da nosa tradición, historia e cultura.

As festas laborais de Galicia para o ano 2007 serán as seguintes:

1 de xaneiro Aninovo
6 de xaneiro Día de Reis
5 de abril Xoves Santo
6 de abril Venres Santo
1 de maio Festa do Traballo
17 de maio Día das Letras Galegas
25 de xullo Santiago Apóstolo. Día Nacional de Galicia
15 de agosto Asunción da Virxe
12 de outubro Festa da Hispanidade
1 de novembro Tódolos Santos
6 de decembro Día da Constitución Española
8 de decembro Inmaculada Concepción
25 de decembro Nadal
O calendario laboral para o 2007 entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro do próximo ano.

As festividades locais son as seguintes:

Páramo, O:

20 de febreiro, Martes de Entroido;
8 de xuño, Feiras de Primavera.

lunes, noviembre 13, 2006

Entrevista do Progreso o Alcalde do Páramo

Enlace ca entrevista publicada hoxe o Alcalde do Páramo no Progreso (pincha aquí)

domingo, noviembre 12, 2006

Os castiñeiros de Mingos de Abaixo ( Lenda )

Fedellando por internet atopei unha curiosa lenda acercade algo ocorrido no Paramo .
Para ler preme aquí.

Mitoloxía paramesa ?

Goian Blog : "Os meu segredos"

Outro dos meus poemas.
Para acceder a el pincha aquí.

sábado, noviembre 11, 2006

FIXEMOS ALGO GRANDE ! GRACIAS A TODOS !

O Páramo : Segundo Concello con máis blogs en galego por habitante !


Hoxe souben dun estudo independente sobre Blogs en Galego na Galicia . De dito estudo soubemos que O Páramo é o Segundo concello de Galicia que ten máis blogs en Galego por cada 1000 habitantes.Superando proporcionalmente ó número de habitantes á Cidades como A Coruña ou Vigo , e chamando a atención dos internautas de toda Galicia .Lendo está nova parece ciencia ficción ou unha broma de Mundo Toleirán , pero é a verdade !


Invítovos a visitar a noticia en cuestión (+Pinchade Aquí)
e tamén outro titular de noticia sobre o mesmo en Chuza (+pincha )

Todo esto é gracias a vós : Aspirino , Ggelical , JM Chanteiro , R. de M, Bennymore , e a un sin fin de colaboradores anónimos !.
Que a onde podemos chegar e que lonxe ainda chegaremos , cando nos xuntamos varias persoas sin apenas recursos económicos para webs pero con un gran interese polo Páramo ! e que xuntos íbamos poñer ó Páramo no número dous de Galicia cunha nova relacionada coas novas tecnoloxías , sin termos apenas Internet e moito menos Banda Ancha !
Dicir tamén que esta nova suma a número 509 en A.O.P e que de facer un estudo sobre número de Novas por Blogs e Habitantes de seguro seríamos os primeiros e de ter actualizados os datos do censo tamén o seríamos nesta enquisa , sexa como sexa xa é merito suficiente para sentirnos satisfeitos e sinal de que ahí fora en Galicia se nos empeza a recoñer o noso traballo .


Gracias a todos !

P d L

domingo, noviembre 05, 2006

O PINGUINO CAMIÑO DO PÁRAMO

CAPITULO SEGUNDO : O EXEMPLO A SEGUIRMOS

En Extremadura fai dez anos puxeronse as pilas con Linux e hoxe teñen ademais dun sistema operativo ( o linex ) unhas das millores aplicacións de software libre do mundo mentres que na Galicia os da Xunta de Fraga gastaban inmensas cantidades de diñeiro en pagar para traducir o Windows XP ó Galego ( abrindolle mercado a unha empresa de fóra e sobrada de cartos ) en vez de crear aplicacións propias en software libre .Por sorte as cousas están a mudar e hoxe a Nova Xunta creou o portal mancomun.org refenrente do software libre a nivel galego .

O PINGUINO CAMIÑO DO PÁRAMO

CAPITULO PRIMEIRO : COÑECER O LINUX

Creo que moitos xa sabedes o que é o Linux , ou oístedes falar do Software Libre , do Código Aberto ( Open Source) .Tamén oiriades falar da Wikipedia ( a enciclopedia libre de Internet ) porque a ela vos vou a remitir hoxe .
( O Logo de Linux represéntase por un pinguino sentando e ainda que hai moitas versións de debuxos , pro paises etc , hoxe propoñemos que a nosa versión Paramesa do Linux sexa a do Pinguino collendo na mao a nosa bandeira ) .


Os nosos nenos do colexo deberian poder ter a oportunidade de coñecer e aprender máis sobre Linux que nos permite ver e dispoñer do código dos programas , correxilo ou milloralo e o que é máis importante : adaptalo ás nosas necesidades .En defitiva o Linux permítenos "Facer Pais ","Ter de teu"
O noso mundo está cambiando a pasos moi axigantados e ahí e onde a nosa xente nova ten que estar en vangarda .
Xa hoxe todos deberiamos ter uns conceptos básicos ou cultura xeral sobre o Software Libre , asi que paseniñamente eu invótovos a irvos informando sobre este novo e apasionante mundo que está facendo de xeito silencioso a revolución dos nosos días aprol da liberdade e a educación .

(+pincha) para ler máis sobre o Linux e os seus creadores ( Linus Torvals e Richard Stallman ) na Wikipedia .

Eu pensaba antes que o Linux era moi complexo de usar , pero é moi similar ó Windows , non ten ningún segredo e o que é ainda millor é maiormente gratuito .
Así a versión de sistema operativo máis usado e coñecido é Ubuntu .
(+pincha) para saber máis sobre Ubuntu
( +pincha ) para saber máis sobre o seu Creador "Mark Shuttleworth"
que chegou a ser o segundo turista espacial da ISS

Por hoxe xa é suficiente a modo de lección .O seguinte día seguiremos coas clases .Xa soa o timbre .
Gracias meus alumnos aplicados ! :)



sábado, noviembre 04, 2006

Unha verdade Incómoda !

A película sobre o que debeu de ser o Presidente dos EEUU Al Gore "Unha verdade Incómoda " que trata dos efectos do Quentamento Global está batendo records de taquilla na súa presentación .Recomendo desde aquí encarecidamente que no perdades de vela porque polo visto está o problema moi ben explicado (+pincha)
Infórmate tamén desde aquí das accións levadas a cabo polo "Movimiento Clima" (+pincha)

viernes, noviembre 03, 2006

Infórmate antes de ir ás setas !

Debido a que xa hai dúas persoas ingresadas polo consumo de setas sería mellor que fosemos ben informados (+pincha para saber máis )
información facilitada gracias á Xunta de Galicia

jueves, noviembre 02, 2006

Temperaturas no Páramo do de Setembro do 2006

Gracias a RdM que ten instalado na súa casa o Observatorio Meterolóxico do Páramo podemos saber as temperaturas precisas de Setembro do 2006.
Pincha sobre a foto para ver mellor o documento .

jueves, octubre 26, 2006

Suso de Friolfe saca o seu segundo libro

Xa está a venda o libro de Suso de Friolfe , esta vez non de poesía senón de prosa .Dispoñible na libreria que hai nas galerias de Santo Domingo .
Invitamos a todos a compralo e magoa de que no Páramo non teñamos Biblioteca Propia co seu propio fondo docuental con todos os libros que falan do Páramo como é o caso deste chamado "Historias do Alto Miño "

jueves, octubre 19, 2006

Nova 501 : Rural.- El delegado de Medio Rural en Lugo acusa al PP de "no asumir" que "causó la mayoría de problemas" del monte




A mayores, denunció la "pasividad" de algunos alcaldes del PP en la provincia de Lugo durante la época de mayor intensidad incendiaria, entre los que se refirió a los de Paradela, Samos, O Incio, Láncara, Mondoñedo, O Páramo y Barreiros, de quienes dijo que "no colaboraron" con el Gobierno.



A nova de Europa Press (+pincha)
A nova de Europa Press no foro de novas (+pincha)

martes, octubre 17, 2006

El Alcalde de Portomarín se presentará a las elecciones de Mayo

¡¡¡NOTICIA Nº500 DE A.O.P.!!!

El Progreso
Domingo 15 de Octubre de 2006


Eloy Rodríguez confirma que
irá a las elecciones de mayo

El alcalde de Portomarín dijo en julio que podría no presentarse.
AEP
A.C.V. ❚ PORTOMARÍN
❚ El alcalde de Portomarín, el
popular Eloy Rodríguez, quien
el pasado mes de julio confirmó
que meditaba la posibilidad de
no optar a la reelección, ha decidido
volver a presentarse tras
una reunión con la dirección de
su partido.
Según explicó el regidor portomariñano,
en un reciente encuentro
con el líder del Partido
Popular gallego, Alberto Núñez
Feijoo, y el presidente provincial,
José Manuel Barreiro, ambos
le pidieron que volviese a
encabezar la lista del PP en Portomarín,
a lo que Rodríguez accedió.
Nueva etapa
El alcalde aseguró que su decisión
está motivada porque se
debe a su partido y a los vecinos
de Portomarín.
Rodríguez añadió que afronta
con ilusión esta nueva etapa,
en la que se marca como objetivos
ver en marcha el polígono
industrial del municipio y construir
un nuevo pabellón polideportivo.
El regidor, que cuenta con 72
años de edad y está vinculado a
la política municipal desde hace
casi cuatro décadas, anunció en
julio que sopesaba la posibilidad
de no volver a presentarse
debido, principalmente, a motivos
de salud y también a su larga
trayectoria, en la que obtuvo
“amplas maiorías”, incidió
Rodríguez.
En aquel momento, precisó
que la decisión todavía no estaba
tomada y que iba a depender
de su estado físico —hace tiempo
sufrió un infarto—, de su familia
y del Partido Popular,
“partido ó que pertenzo con toda
a disciplina”, dijo.
Alcaldes
Eloy Rodríguez entró a formar
parte de la corporación municipal
en el año 1970, lo que lo
convierte en uno de los regidores
más veteranos de la provincia
de Lugo.
Al anunciar su candidatura se
convierte también en uno de los
primeros alcaldes del Partido
Popular que confirman que optarán
a la reelección en las elecciones
municipales del mes de
mayo del próximo año. En los
últimos meses, varios regidores
manifestaron tener dudas sobre
si volverían a optar a la alcaldía.

lunes, octubre 16, 2006

Historia : No ano 1149 o Papa menciona ó Páramo

Aquí temos este interesante artigo de Benymore no blog "Paramo way of Life " sobre este apasionante dato (+pincha)

jueves, octubre 12, 2006

O Blog Paramo way of Life volve a actualizarse !

Despois un parón de meses o blog Paramo Way Of Life ( Blog colaborador de A.O.P ) volve a estar de actualidade e con novos contidos moi interesantes (+pincha )

"LARES UNIDOS " organiza unha excursión á TVG



Lares Unidos organiza unha viaxe á TVG , á rodaxe do Programa Hai Debate durante a a tarde dun luns dos seguintes meses
(+pincha)

Os foros de A.O.P collen forza !

Hoxe Luz de Luna deixounos no foro de Poesía o seu poema "Bajo Llave" (+pincha)
Entón deume por mirar no Google e decateime do ben posicionados que se encontran todos os foros de A.O.P . Só con escribir "Concello de Láncara" ou" O Corgo ", ou simplemente Foro de Poesía xa se accede á un contido de A.O.P así como M.T segue a atraer máis visitantes á web e proba delo é tan famosa foto de Tojeiro no Cola Cao creada por Ggelical e difundido ós catro ventos por Internet en You Tube .

domingo, octubre 08, 2006

Hermanamento

Enlace ca reflexión (pincha aquí). ou visita www.aspirino.tk

domingo, octubre 01, 2006

A XD de Lares Unidos decide participar no Premio Facer Pais

Para o próximo ano 2007 os organizadores do Premio Facer Pais do Val de Láncara contarán con outro apoio : O da Asociación Lares Unidos que onte en Xunta Directiva decidiu sumarse a este galardón para as próximas ediccións intentando representar os movementos culturais feitos desde O Páramo .
(+ a nova na Voz )
(+ a nova no Galicia Hoxe )
(+ para saber máis de Isaac Diaz Pardo ) homenaxeado na primeira edicción.

Publicada la lista de posibles jurados

Seleccionadas centenares de personas en los municipios de la provincia de Lugo
Monforte aporta 41 candidatos a participar en juicios y Sarria 27
, entre esos centenares también hay algunas de O Páramo.

Noticia de La Voz de Galicia (Pincha aquí).

sábado, septiembre 30, 2006

AOP estivo cubrindo o "Facer Pais "



Hoxe día 30 de mañá tivo lugar a entrega no Municipio de Láncara do V Premio Ramón Piñeiro López "Facer Pais "a Don Xosé Neira Vilas autor entre outros do famoso libro " Memorias dun neno labrego ".O galardonado fixo mención especial á ledicia que sentira de recibir este premio por xuntarse nas terras de Láncara o feiro de ser terra natal de Ramón Piñeiro e de ter fortes vínculos dita terra coa Illa de Cuba na que el viviu feitos tan destacables como a súa Revolución e tivo un entrañable recordo para a súa muller que o acampañara na súa andaina vital ó longo de 50 anos .

Acudiron á este premio moitas personalidades do ámbito Cultural e Político entre os que cabe destacar entre outros a Isaac Diaz Pardo , Victor Freixanes , Antón Vilar Ponte , Xosé Manuel Beiras , Susana Seivane , etc .
A Asociación Cultural "Lares Unidos " de Vilarmosteiro foi invitada a participar como Asociación Colaboradora para o VI Premio Ramón Piñeiro "Facer Pais " 2007 .
En representacion de www.oparamo.tk estiveron presentes no V Premio Ramón Piñeiro López "Facer Pais " P de L e JM.Chanteiro .
(+ pincha para ver as fotos )
(+ pincha para saber máis sobre este evento )

miércoles, septiembre 27, 2006

A Asociación Lares Unidos estuda a catalogación do pleito do 1229

Os veciños de Vilarmosteiro temos que irnos dando conta pouco a pouco que posuimos un dos primeiros documentos da historia escritos en galego ( posiblemente é o segundo texto máis antigo da provincia de Lugo ) despois do de Ferreira de Pallares de tan só dous anos antes (1227 ). De ser certa esta teória a Historia do Páramo e a Importancia da Igrexa de Vilarmosteiro cambiaría radicalmente . Neso estamos inmersos estes días os de "Lares Unidos " para intentar saber a clasifiación exacta que tería o noso pleito do ano 1229 na secuencia dos primeiros documentos escritos en galego consultado ó Consello da Cultura Galega e a distintos profesores de Filoloxía Antiga da Universidade de Santiago .
(+pincha para saber máis da historia de Vilarmosteiro e do Páramo )