Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Aquí O Páramo !: noviembre 2006

miércoles, noviembre 29, 2006

Peligro : Ahí ven a ITV dos Tractores

Todos recordamos como o pasado ano a ITV posta no medio e medio do Campo da feira destrozara a herba deixando rodeiras por todos os lados de máis de 30 centimétros de fondura .
Este ano co Campo da Feira recien sementado e os carballos plantados espero que non se lles ocurra levalo ó Campo da Feira .
Xa que hai outros sitios : diante de onde se encontraba antes o Supermercado hai sitio de sobra ainda que o ideal sería contar on unha explanada de cemento tanto para acumular pedra e area como se fai en Vigodefondo e para estes menesteres .
A.O.P seguirá informando

martes, noviembre 28, 2006

Novas do Páramo

Nos últimos días sucederon unha serie de novas que hoxe mostramos en A.O.P
fonte : ( A Voz de Galicia )
(+pincha 1)BNG pide no Parlamento expropiación en O Páramo e Sarria por Corredor
(+pincha2) O Páramo é o segundo lugar con máis lopez despois de Sarria
(+pincha 3 ) A Diputación acepta un recurso por unha obra no Páramo
(+pinhca 4 ) O Rallie pasou por Lamabelide .
(+pincha 5) Subvencións para O Páramo

domingo, noviembre 26, 2006

Internet é o gran BIG BROTHER



Hoxe navegando polo Blogomillo pareime a ver varios blogs entre eles o chamado Ámote Moito ! e cal foi a miña sorpresa ó encontrarme nel unha foto e un comentario sobre a obra de "Para Sempre " de Eduardo Valiña ( o artista máis universal do Páramo ) durante a presentación da súa obra en Santiago (+pincha)
Internet segue a ser un gran meigallo e desta foi unha especie de Big Brother !

(+pincha) para ler máis sobre" Para Sempre" no Blogue de Ámote Moito !
(+pincha ) para ler máis sobre "Para Sempre" en A.O.P

sábado, noviembre 25, 2006

A.O.P-nova nº523 "-Podes silenciar a un home . Pero resonarán un gran aullido de protesta por todo o mundo !"
Así deixaba escrito apenas fai catro días sabendo que ia a morrer no seu "Eu Acuso" o ex axente Alexander Litvinenko (+pincha.El Mundo )

Alexander Litvinenko, ex axente do FSB ( anterior KGB ) acusou reiteradamente os servicios secretos rusos de seren os responsables dunha serie de atentados conbra bloques de vivendas en Moscú no ano 1999 . Atentados que puideron ser determinantes na posterior victoria electoral de Putin según aseguraba no seu libro "O FSB explota Rusia". O seu asasinato prodúcese separado apenas por un mes do de Anna Politkovskaya que el andaba a investigar e converte a Rusia nun dos puntos negros para a liberdade de información e de prensa no noso triste mundo de medo .

(+info EL Pais )
(+info BBC )



viernes, noviembre 24, 2006

Pais e Nais de Láncara, O Corgo e O Páramo

O vindeiro luns 27 Á MAÑÁ, no colexio da Pobra terán lugar as votacións para elixir un representante de pais (e nais) no Consello Escolar.

Así que non esquezades ir e votar se queredes estar ben representados no Consello Escolar.

C.P.I. Ramón Piñeiro

jueves, noviembre 23, 2006

Os blogs e o telensino galego a debate no Congreso do Observatorio para a Cibersociedade

Entre elas destaca "Lingua e identidade en Internet: unha breve aproximación aos blogs culturais en galego", do profesor da Universidade de Vigo, Alberto Dafonte. O experto reflexiona sobre a posibilidade de que "Internet en xeral e os blogs en particular sexan espellos da cultura dos pobos". Entre outras aportacións, o autor propón unha clasificación dos blogs culturais.
(nova cortesía de : sociedade da información )
Como todos sabedes O Páramo grazas a A.O.P converteuse no segundo concello con máis blogs en galego por cada 1000 habitantes por eso resulta tan interesante esta ponencia .


Cerceda e a Fervenza saen na 2 de TVE

Hoxe o 23 -11-2006 ás 17:00 a 2 de TVE ofreceu un Documental sobre a Fervenza no Programa "El Escarabajo Verde "chamado "Malos Tiempos para el Roble ".
Entre as persoas que saian paseando e falando na Tele encontrábase M. de Rego ( de Cerceda).
Nel ponse de manifesto a existencia da Fervenza , un lugar desprovisto de calqueira protección e que constitúe un bosque único en Europa .
(+pincha)para leer sobre o Programa !
(+pincha ) para ir a TVE Catalunya que creou o programa
(+pincha) para ler a nova no Foro do Corgo

Oxalá algún día o colguen na rede !

MALOS TIEMPOS PARA EL ROBLE

Esta semana el reportaje de “El Escarabajo Verde” nos muestra un espacio natural de singular belleza e importancia ecológica. Se trata de unos antiguos bosques de robles a orillas del río Miño, en Lugo, que corren el peligro de desaparecer.

¿Para cando unha rede Wifi ou Wimax para O Páramo ?

AOP-nova nº 519. Ben merecido o teñen no Courel para a implantación da primeira rede Wimax por parte da Xunta co proceso de despoboamento que sofre , desertización e illamento .
O Páramo , ainda que estándo a tan só 25 minutos en coche de Lugo necesita tamén unha nova infrastructura como o Wimax e comparativamente salvando a distancia en minutos a Lugo temos as mesmas dificultades de acceso que eles .
Xamais ninguén imaxinou que no ano 2006 seríamos o segundo concello de Galicia con máis Blogs por cada mil habitantes e que hoxe moita da xente que navega pola rede supera os 45 anos e gran parte desas persoas acceden a A.O.P e pegan cousas na rede e ademais son do Páramo !
O que non sabe a maioría é que o Concello ten a chave nas súas maos para ofertar un Internet de calidade ( de banda ancha ) coa súa propia infrastructura a través de Wifi ou quizais xa de Wimax sen esperar pola Xunta nin polo Estado , ( e o que é millor non depender de Telefónica !)
¿ Cales son as solucións que ten un particular paramés que necesite a rede para o seu negocio hoxe no Páramo ?
1 Alugar un piso en Lugo ou en Sarria ?
2 Pagar a maiores dos 300 euros de aluguer outros 60 por conexión a R ?
3. Pagar os 60 euros mensuais de transporte en coche ?
4. Conectarse ó internet de subida e baixada via satellite por 300 euros ó mes ?
Como vemos ainda sae máis caro irse para Lugo ! e o que aluga Piso en Lugo acostuma a facer vida por alí !.
Polo tanto as infrastructuras necesitámolas tod@s ! e necesitámolas Xa ! non só os de Madrid e Barcelona e o Caurel ! Tamén nós os que queremos vivir sempre aquí No Páramo !

(+pincha) para ver a nova da rede Wimax no Caurel
(+pincha) web galega da Sociedade da Información

miércoles, noviembre 22, 2006

Humor-MT : Irmanamento : E por que non Korea do Norte ?



A.O.P-M.T .- (nova nº 518) Miña madriña ! Cantas frikadas se descubren navegando pola rede ! . Resulta que o Goberno do presidente Nor Coreano Kim Jong Il ten unha páxina web ( hasta o de ahí todo normal ) .
Pero a primeira frikada que te atopas é encontrarte con un debuxo dunha torre de alta tensión no escudo nacional (+pincha ) para ir á Web Oficial con fondo negro ( outra gran toleirada ! ) ( a cor negra simboliza o anarquismo ) :)
Tamén teñen un dominio .com que é indicativo de ser unha empresa ( company ) en inglés , a mesmiña terminación que no Concello de Láncara :) ( casualmente o Réxime Nor Coreano só ten como unico pais amigo no exterior a Cuba ) e Cuba no exterior só ten como Nación amiga á Láncara ! .(+ pincha )
Pero o máis curioso e flipante de todo é que cando entras no menu xeral e escolles o idioma Español tés unha versión galega que é a única non escrita en Castelán (+pincha )
Estó quere dicir que Kim Jong Il é Friki ? ou que ainda non o sendo xa visitou Mundo Toleiran e mandanos un guiño ?
E xa que Láncara se irmana con Cuba , deberiamos facer nós o propio con Korea do Norte ?
Tería por fin así O Páramo o seu merecido irmanamento do que se leva falado tanto ?
E bomba atómica ?

Láncara e Guntín xa teñen webs !

AOP-Os Concellos de Láncara e Guntín de Pallares xa disfrutan da súa propia web na Internet
Guntín de Pallares (+pincha)
Láncara (+pincha)
Con todo a web de Guntín dalle mil voltas á de Láncara .
É curioso ver como hai unha case total ausencia de foros nas webs ( ¿ non interesa a participación cidadá ? )
En canto ó Concello do Páramo díxome un paxariño que lle a estaban a facer en Galicia Dixital .Non saber se ser verdade se ser mentira .!

lunes, noviembre 20, 2006

AOP en Porto do Son e Ribeira

A semana pasada o colaborador de A.O.P , JM Chanteiro achegouse hasta Porto do Son e Ribeira e deixounos estes dous Post
1 ( +pincha )
2 ( +pincha )

sábado, noviembre 18, 2006

Concello rexeitou 8 postos de traballo para O Páramo

Segúndo Xabier Bruña García Xefe do Servizo de Montes da Delegación da Consellaría de Medio Rural en Lugo o Concello do Páramo rexeitou firmar un convenio coa Consellaría de Medio Rural que xa firmaron 200 concellos de Galicia para unha Brigada de Incendios que suporía arredor de 8 postos de traballo .
Xabier Bruña sinalou ante un auditorio ateigado de xente na biblioteca do Colexo que se interesaron desde a Consellaría por este plantón sin que o Concello dese explicación algunha .

No acto público que o Bng organizou no Colexo e sobre o que os técnicos de Medio Rural informaron das concentracións parcelarias de Villeiriz , Grallás e Friolfe e da Nova Lei de prevención de incendios Maria Xesús manisfetou a súa sopresa polo feito do Concello non estar ó tanto de dita norma e sobre as Faixas de Seguridade de 25 metros ó redor das casas polas que preguntou tres veces en pleno e das que a Xunta de Goberno dixo nada sabían . As Faixas de Seguridade viran contempladas na nova Lei e xa ahora no Reglamento para obrigar a aqueles que teñan pinos ou eucaliptos a menos de 25 metros das casas a cortalos .

martes, noviembre 14, 2006

Traballo publica o calendario das festas laborais locais para 2007

O calendario laboral para o vindeiro ano presenta unha certa continuidade na determinación das festas laborais para conmemorar todo aquelo que forma parte da nosa tradición, historia e cultura.

As festas laborais de Galicia para o ano 2007 serán as seguintes:

1 de xaneiro Aninovo
6 de xaneiro Día de Reis
5 de abril Xoves Santo
6 de abril Venres Santo
1 de maio Festa do Traballo
17 de maio Día das Letras Galegas
25 de xullo Santiago Apóstolo. Día Nacional de Galicia
15 de agosto Asunción da Virxe
12 de outubro Festa da Hispanidade
1 de novembro Tódolos Santos
6 de decembro Día da Constitución Española
8 de decembro Inmaculada Concepción
25 de decembro Nadal
O calendario laboral para o 2007 entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro do próximo ano.

As festividades locais son as seguintes:

Páramo, O:

20 de febreiro, Martes de Entroido;
8 de xuño, Feiras de Primavera.

lunes, noviembre 13, 2006

Entrevista do Progreso o Alcalde do Páramo

Enlace ca entrevista publicada hoxe o Alcalde do Páramo no Progreso (pincha aquí)

domingo, noviembre 12, 2006

Os castiñeiros de Mingos de Abaixo ( Lenda )

Fedellando por internet atopei unha curiosa lenda acercade algo ocorrido no Paramo .
Para ler preme aquí.

Mitoloxía paramesa ?

Goian Blog : "Os meu segredos"

Outro dos meus poemas.
Para acceder a el pincha aquí.

sábado, noviembre 11, 2006

FIXEMOS ALGO GRANDE ! GRACIAS A TODOS !

O Páramo : Segundo Concello con máis blogs en galego por habitante !


Hoxe souben dun estudo independente sobre Blogs en Galego na Galicia . De dito estudo soubemos que O Páramo é o Segundo concello de Galicia que ten máis blogs en Galego por cada 1000 habitantes.Superando proporcionalmente ó número de habitantes á Cidades como A Coruña ou Vigo , e chamando a atención dos internautas de toda Galicia .Lendo está nova parece ciencia ficción ou unha broma de Mundo Toleirán , pero é a verdade !


Invítovos a visitar a noticia en cuestión (+Pinchade Aquí)
e tamén outro titular de noticia sobre o mesmo en Chuza (+pincha )

Todo esto é gracias a vós : Aspirino , Ggelical , JM Chanteiro , R. de M, Bennymore , e a un sin fin de colaboradores anónimos !.
Que a onde podemos chegar e que lonxe ainda chegaremos , cando nos xuntamos varias persoas sin apenas recursos económicos para webs pero con un gran interese polo Páramo ! e que xuntos íbamos poñer ó Páramo no número dous de Galicia cunha nova relacionada coas novas tecnoloxías , sin termos apenas Internet e moito menos Banda Ancha !
Dicir tamén que esta nova suma a número 509 en A.O.P e que de facer un estudo sobre número de Novas por Blogs e Habitantes de seguro seríamos os primeiros e de ter actualizados os datos do censo tamén o seríamos nesta enquisa , sexa como sexa xa é merito suficiente para sentirnos satisfeitos e sinal de que ahí fora en Galicia se nos empeza a recoñer o noso traballo .


Gracias a todos !

P d L

domingo, noviembre 05, 2006

O PINGUINO CAMIÑO DO PÁRAMO

CAPITULO SEGUNDO : O EXEMPLO A SEGUIRMOS

En Extremadura fai dez anos puxeronse as pilas con Linux e hoxe teñen ademais dun sistema operativo ( o linex ) unhas das millores aplicacións de software libre do mundo mentres que na Galicia os da Xunta de Fraga gastaban inmensas cantidades de diñeiro en pagar para traducir o Windows XP ó Galego ( abrindolle mercado a unha empresa de fóra e sobrada de cartos ) en vez de crear aplicacións propias en software libre .Por sorte as cousas están a mudar e hoxe a Nova Xunta creou o portal mancomun.org refenrente do software libre a nivel galego .

O PINGUINO CAMIÑO DO PÁRAMO

CAPITULO PRIMEIRO : COÑECER O LINUX

Creo que moitos xa sabedes o que é o Linux , ou oístedes falar do Software Libre , do Código Aberto ( Open Source) .Tamén oiriades falar da Wikipedia ( a enciclopedia libre de Internet ) porque a ela vos vou a remitir hoxe .
( O Logo de Linux represéntase por un pinguino sentando e ainda que hai moitas versións de debuxos , pro paises etc , hoxe propoñemos que a nosa versión Paramesa do Linux sexa a do Pinguino collendo na mao a nosa bandeira ) .


Os nosos nenos do colexo deberian poder ter a oportunidade de coñecer e aprender máis sobre Linux que nos permite ver e dispoñer do código dos programas , correxilo ou milloralo e o que é máis importante : adaptalo ás nosas necesidades .En defitiva o Linux permítenos "Facer Pais ","Ter de teu"
O noso mundo está cambiando a pasos moi axigantados e ahí e onde a nosa xente nova ten que estar en vangarda .
Xa hoxe todos deberiamos ter uns conceptos básicos ou cultura xeral sobre o Software Libre , asi que paseniñamente eu invótovos a irvos informando sobre este novo e apasionante mundo que está facendo de xeito silencioso a revolución dos nosos días aprol da liberdade e a educación .

(+pincha) para ler máis sobre o Linux e os seus creadores ( Linus Torvals e Richard Stallman ) na Wikipedia .

Eu pensaba antes que o Linux era moi complexo de usar , pero é moi similar ó Windows , non ten ningún segredo e o que é ainda millor é maiormente gratuito .
Así a versión de sistema operativo máis usado e coñecido é Ubuntu .
(+pincha) para saber máis sobre Ubuntu
( +pincha ) para saber máis sobre o seu Creador "Mark Shuttleworth"
que chegou a ser o segundo turista espacial da ISS

Por hoxe xa é suficiente a modo de lección .O seguinte día seguiremos coas clases .Xa soa o timbre .
Gracias meus alumnos aplicados ! :)



sábado, noviembre 04, 2006

Unha verdade Incómoda !

A película sobre o que debeu de ser o Presidente dos EEUU Al Gore "Unha verdade Incómoda " que trata dos efectos do Quentamento Global está batendo records de taquilla na súa presentación .Recomendo desde aquí encarecidamente que no perdades de vela porque polo visto está o problema moi ben explicado (+pincha)
Infórmate tamén desde aquí das accións levadas a cabo polo "Movimiento Clima" (+pincha)

viernes, noviembre 03, 2006

Infórmate antes de ir ás setas !

Debido a que xa hai dúas persoas ingresadas polo consumo de setas sería mellor que fosemos ben informados (+pincha para saber máis )
información facilitada gracias á Xunta de Galicia

jueves, noviembre 02, 2006

Temperaturas no Páramo do de Setembro do 2006

Gracias a RdM que ten instalado na súa casa o Observatorio Meterolóxico do Páramo podemos saber as temperaturas precisas de Setembro do 2006.
Pincha sobre a foto para ver mellor o documento .