Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Aquí O Páramo !: FIXEMOS ALGO GRANDE ! GRACIAS A TODOS !

sábado, noviembre 11, 2006

FIXEMOS ALGO GRANDE ! GRACIAS A TODOS !

O Páramo : Segundo Concello con máis blogs en galego por habitante !


Hoxe souben dun estudo independente sobre Blogs en Galego na Galicia . De dito estudo soubemos que O Páramo é o Segundo concello de Galicia que ten máis blogs en Galego por cada 1000 habitantes.Superando proporcionalmente ó número de habitantes á Cidades como A Coruña ou Vigo , e chamando a atención dos internautas de toda Galicia .Lendo está nova parece ciencia ficción ou unha broma de Mundo Toleirán , pero é a verdade !


Invítovos a visitar a noticia en cuestión (+Pinchade Aquí)
e tamén outro titular de noticia sobre o mesmo en Chuza (+pincha )

Todo esto é gracias a vós : Aspirino , Ggelical , JM Chanteiro , R. de M, Bennymore , e a un sin fin de colaboradores anónimos !.
Que a onde podemos chegar e que lonxe ainda chegaremos , cando nos xuntamos varias persoas sin apenas recursos económicos para webs pero con un gran interese polo Páramo ! e que xuntos íbamos poñer ó Páramo no número dous de Galicia cunha nova relacionada coas novas tecnoloxías , sin termos apenas Internet e moito menos Banda Ancha !
Dicir tamén que esta nova suma a número 509 en A.O.P e que de facer un estudo sobre número de Novas por Blogs e Habitantes de seguro seríamos os primeiros e de ter actualizados os datos do censo tamén o seríamos nesta enquisa , sexa como sexa xa é merito suficiente para sentirnos satisfeitos e sinal de que ahí fora en Galicia se nos empeza a recoñer o noso traballo .


Gracias a todos !

P d L