Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Aquí O Páramo !: O PINGUINO CAMIÑO DO PÁRAMO

domingo, noviembre 05, 2006

O PINGUINO CAMIÑO DO PÁRAMO

CAPITULO PRIMEIRO : COÑECER O LINUX

Creo que moitos xa sabedes o que é o Linux , ou oístedes falar do Software Libre , do Código Aberto ( Open Source) .Tamén oiriades falar da Wikipedia ( a enciclopedia libre de Internet ) porque a ela vos vou a remitir hoxe .
( O Logo de Linux represéntase por un pinguino sentando e ainda que hai moitas versións de debuxos , pro paises etc , hoxe propoñemos que a nosa versión Paramesa do Linux sexa a do Pinguino collendo na mao a nosa bandeira ) .


Os nosos nenos do colexo deberian poder ter a oportunidade de coñecer e aprender máis sobre Linux que nos permite ver e dispoñer do código dos programas , correxilo ou milloralo e o que é máis importante : adaptalo ás nosas necesidades .En defitiva o Linux permítenos "Facer Pais ","Ter de teu"
O noso mundo está cambiando a pasos moi axigantados e ahí e onde a nosa xente nova ten que estar en vangarda .
Xa hoxe todos deberiamos ter uns conceptos básicos ou cultura xeral sobre o Software Libre , asi que paseniñamente eu invótovos a irvos informando sobre este novo e apasionante mundo que está facendo de xeito silencioso a revolución dos nosos días aprol da liberdade e a educación .

(+pincha) para ler máis sobre o Linux e os seus creadores ( Linus Torvals e Richard Stallman ) na Wikipedia .

Eu pensaba antes que o Linux era moi complexo de usar , pero é moi similar ó Windows , non ten ningún segredo e o que é ainda millor é maiormente gratuito .
Así a versión de sistema operativo máis usado e coñecido é Ubuntu .
(+pincha) para saber máis sobre Ubuntu
( +pincha ) para saber máis sobre o seu Creador "Mark Shuttleworth"
que chegou a ser o segundo turista espacial da ISS

Por hoxe xa é suficiente a modo de lección .O seguinte día seguiremos coas clases .Xa soa o timbre .
Gracias meus alumnos aplicados ! :)