Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Aquí O Páramo !: septiembre 2006

sábado, septiembre 30, 2006

AOP estivo cubrindo o "Facer Pais "



Hoxe día 30 de mañá tivo lugar a entrega no Municipio de Láncara do V Premio Ramón Piñeiro López "Facer Pais "a Don Xosé Neira Vilas autor entre outros do famoso libro " Memorias dun neno labrego ".O galardonado fixo mención especial á ledicia que sentira de recibir este premio por xuntarse nas terras de Láncara o feiro de ser terra natal de Ramón Piñeiro e de ter fortes vínculos dita terra coa Illa de Cuba na que el viviu feitos tan destacables como a súa Revolución e tivo un entrañable recordo para a súa muller que o acampañara na súa andaina vital ó longo de 50 anos .

Acudiron á este premio moitas personalidades do ámbito Cultural e Político entre os que cabe destacar entre outros a Isaac Diaz Pardo , Victor Freixanes , Antón Vilar Ponte , Xosé Manuel Beiras , Susana Seivane , etc .
A Asociación Cultural "Lares Unidos " de Vilarmosteiro foi invitada a participar como Asociación Colaboradora para o VI Premio Ramón Piñeiro "Facer Pais " 2007 .
En representacion de www.oparamo.tk estiveron presentes no V Premio Ramón Piñeiro López "Facer Pais " P de L e JM.Chanteiro .
(+ pincha para ver as fotos )
(+ pincha para saber máis sobre este evento )

miércoles, septiembre 27, 2006

A Asociación Lares Unidos estuda a catalogación do pleito do 1229

Os veciños de Vilarmosteiro temos que irnos dando conta pouco a pouco que posuimos un dos primeiros documentos da historia escritos en galego ( posiblemente é o segundo texto máis antigo da provincia de Lugo ) despois do de Ferreira de Pallares de tan só dous anos antes (1227 ). De ser certa esta teória a Historia do Páramo e a Importancia da Igrexa de Vilarmosteiro cambiaría radicalmente . Neso estamos inmersos estes días os de "Lares Unidos " para intentar saber a clasifiación exacta que tería o noso pleito do ano 1229 na secuencia dos primeiros documentos escritos en galego consultado ó Consello da Cultura Galega e a distintos profesores de Filoloxía Antiga da Universidade de Santiago .
(+pincha para saber máis da historia de Vilarmosteiro e do Páramo )

Axenda Cultural : Con "Xosé Neira Vilas"

O sábado a cita cultural é coa Asociación Val de Láncara na entrega a Xosé Neira Vilas (Autor de "Memorias dun Neno Labrego " do Premio "Facer Pais "
( +pincha para saber máis no Foro de Láncara )
(+pincha para saber máis na Voz de Galicia )

miércoles, septiembre 20, 2006

Verdegaia denuncia a obra de cincunvalación

Unha Asociación ecoloxita Verdegaia denunciou que as obras de circunvalación ó Campo da Feira destruiran varios carballos centenarios (+pincha para ler a nova do Progreso )
(+pincha para ler info relacionada 1 )
(+pincha para ler info relacionada 2)

Visita a Cantabria e Bilbao


Varios veciños do Páramo e de Láncara relacionados con A.O.P fixemos unha excursión cara o Cantábrico e para o recordo aquí deixamos testimonio do bonito Pazo da Magdalena

Un corche arde en Rodriz interrupindo o tráfico por horas !

Sucedeu o pasado venres 15 de semtembro (+pincha para ver a foto)
(+pincha para ler a nova )

"Lares Unidos"organizou a Comida da Santa Eufemia

Por primeira vez na historia das parroquias de Vilarmosteiro e Neira , "Lares Unidos" organizou a Comida de Confraternización da Santa Eufemia (+pincha)

sábado, septiembre 09, 2006

Eduardo Valiña
PARA SEMPRE
Eduardo Valiña:
PARA SEMPRE
14 setembro - 21 outubro
Inauguración: xoves 14, 20:00 horas
Nova Obra de Eduardo Valiña en primicia en A.O.P




(+Pincha para saber máis sobre "Para Sempre"
(+Pincha para saber máis sobre E.Valiña e a súa obra )
(+explicación ampliada de Para Sempre)

lunes, septiembre 04, 2006

O escudo de "Lares Unidos" será o do Retablo de Vilarmosteiro


Por primeira vez na súa historia as Festas do San Victorio foron organizadas desde a Asociación de veciños "Lares Unidos " de Vilarmosteiro e vividas na Parroquia como un Gran Éxito da Asociación despois de igualarense as cuotas e ter a nosas propias contas bancarias baixo o CIF da Asociación o que xenerou maior confianza na xente á hora de dar as cuotas e a organización democrática de todas as actividades .
A próxima actividade será a Comida da Santa Eufemia ( o día 16 ) de confraternización da Parroquia e para o Outoniño a posible compra do solar do Cemiterio .
Hoxe presentamos o Escudo da Asociación que é o que está no Retablo da Igrexa de Vilarmosteiro composto por tres estrelas e unha coroa, que foi adoptado como símbolo da Asociación pola Xunta Directiva reunida o 1 de Setembro 2006 .
Durante as festas leuse en público o seguinte comunicado (+pincha)

Nace na Puebla a Asociación Xuvenil Pendello

A Asociación Xuvenil Pendello da Puebla xa ten Foro propio (+pincha )que nos decidimos en A.O.P enlazar e tamén enlazalo a Aquí Láncara ! e invitalos a traballar no Futuro Proxecto de LUGOSUR

Antonio deixounos a súa poesía Desexo !

No Foro de Poesía Antonio deixounos a súa poesía Desexo (+pincha) , un día despois de incorpornos á volta das vacacións e de que a Volta Ciclista a España pasase por primeira vez por unha esquiniña do Páramo na súa viaxe de Sarria a Lugo e eu mentres tanto apañando patacas :), outra vez será !