Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Aquí O Páramo !: AOP estivo cubrindo o "Facer Pais "

sábado, septiembre 30, 2006

AOP estivo cubrindo o "Facer Pais "



Hoxe día 30 de mañá tivo lugar a entrega no Municipio de Láncara do V Premio Ramón Piñeiro López "Facer Pais "a Don Xosé Neira Vilas autor entre outros do famoso libro " Memorias dun neno labrego ".O galardonado fixo mención especial á ledicia que sentira de recibir este premio por xuntarse nas terras de Láncara o feiro de ser terra natal de Ramón Piñeiro e de ter fortes vínculos dita terra coa Illa de Cuba na que el viviu feitos tan destacables como a súa Revolución e tivo un entrañable recordo para a súa muller que o acampañara na súa andaina vital ó longo de 50 anos .

Acudiron á este premio moitas personalidades do ámbito Cultural e Político entre os que cabe destacar entre outros a Isaac Diaz Pardo , Victor Freixanes , Antón Vilar Ponte , Xosé Manuel Beiras , Susana Seivane , etc .
A Asociación Cultural "Lares Unidos " de Vilarmosteiro foi invitada a participar como Asociación Colaboradora para o VI Premio Ramón Piñeiro "Facer Pais " 2007 .
En representacion de www.oparamo.tk estiveron presentes no V Premio Ramón Piñeiro López "Facer Pais " P de L e JM.Chanteiro .
(+ pincha para ver as fotos )
(+ pincha para saber máis sobre este evento )