O escudo de "Lares Unidos" será o do Retablo de Vilarmosteiro
Por primeira vez na súa historia as Festas do San Victorio foron organizadas desde a Asociación de veciños "Lares Unidos " de Vilarmosteiro e vividas na Parroquia como un Gran Éxito da Asociación despois de igualarense as cuotas e ter a nosas propias contas bancarias baixo o CIF da Asociación o que xenerou maior confianza na xente á hora de dar as cuotas e a organización democrática de todas as actividades .
A próxima actividade será a Comida da Santa Eufemia ( o día 16 ) de confraternización da Parroquia e para o Outoniño a posible compra do solar do Cemiterio .
Hoxe presentamos o Escudo da Asociación que é o que está no Retablo da Igrexa de Vilarmosteiro composto por tres estrelas e unha coroa, que foi adoptado como símbolo da Asociación pola Xunta Directiva reunida o 1 de Setembro 2006 .
Durante as festas leuse en público o seguinte comunicado (+pincha)
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home