Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Aquí O Páramo !: enero 2005

lunes, enero 31, 2005

O Páramo`s flag on the moon ! ....a fake ?

sábado, enero 29, 2005

Entrevista a Moreria de Piñeiro no periódico " A Nosa Terra "

Fracasan as grandes explotacións leiteiras ( the milk farms in galicia in the deadline )

‘Fun afortunado e puiden abandonar a actividade' ( I was a lucky because I could abandon my farm in time )

H. VixandeA. Eire

A entrada de España na Unión Europea e o establecemento da cota de produción láctea fixeron que a Xunta deseñase un plan para reducir as explotacións leiteiras e que gañasen tamaño para seren competitivas. Mais este obxectivo non se cumpriu; só se produciu o peche de oitenta mil granxas, pero a rendibilidade non se dá atinxido.

“Non teño cargos familiares, estou solteiro, iso permitiume abandonar a miña explotación leiteira”, explica Xosé López Gay, do lugar de Piñeiro, no concello do Páramo. Até hai ben pouco, Xosé posuía sesenta vacas e unha cota de produción láctea de 211.000 quilos. Era, o que se di, o propietario dunha grande explotación, mais se sentía afogado polas débedas que adquiriu ao medrar e chegar ao tamaño que conseguiu.

Por circunstancias familiares, hai máis de dez anos Xosé fixérase cargo da explotación da súa familia, que estaba en vías de desaparición despois de que a tuberculose obrigara a enviar ao matadoiro ás dezaoito vacas rubias que tiñan. Aquel baleirado presaxiaba o fin a menos que se producise un cambio de rumbo radical. Nese punto chegou el e, a partir dese momento, comezou unha espiral de crecemento que o levou á asfixia económica.

“Empecei a gastar cartos sen parar e aínda hoxe teño algo pendente de pagar”, explica o labrego. Xosé acolleuse a dous plans de mellora sucesivamente. Estes plans teñen unha vixencia de cinco anos e consisten nunhas axudas públicas a cambio dun investimento e uns compromisos de continuidade coa mesma vixencia que os propios plans.

“O primeiro que fixen foi o cortello”, conta. Trátase dunha instalación moi moderna motivo de mofa en todo o concello no seu día e hoxe copiada por algúns labregos dos arredores porque resulta moi práctica. A ventilación que comporta a case ausencia de paredes permitiu afastar todas as pestes que afectaron a outros veciños. “A cota inicial era de 73.000 quilos e tiven que ir mercando máis cota até chegar aos 211.000 quilos”, explica ao relatar os primeiros pasos que foi dando despois de asumir a explotación que tiña o seu pai.

A dinámica de crecemento dunha explotación obriga a mercar cota de produción e a endebedarse para poder facelo. O paso seguinte é recriar vacas para producir a cota asignada e rematar superando esta cota e así pagar as débedas. Mais unha vez superada a cota, para evitar a multa da supertaxa, hai que adquirir máis dereitos de produción e continuar pedindo créditos para pagar a nova cota adquirida e así poder subsistir. Cando os propietarios da explotación queren decatarse, teñen un tamaño que os supera. “Aquí todo xoga en contra –explica Xosé–, canto máis medras, máis vacas por hectárea tes e cando hai máis de dúas vacas por hectárea, quedas sen subvención”.

Base territorial

O problema, no caso de Xosé e de moitos outros labregos, é a base territorial, a cantidade de terra que posúen. “Precisas contar con terras nas que cultivar o alimento do gando, senón a rendibilidade mingua moito”, explica Xosé. Segundo este labrego, “cando máis grande é a explotación, menor a rendibilidade porque non hai base territorial e unha parte moi importante do presuposto marcha para adquirir alimento para o gando. Estou farto de ver na autovía camións cargados de silos para as granxas galegas. É falso que as grandes explotacións sexan moi rendíbeis, é algo que recoñecen os gandeiros que falan con honestidade: a maior tamaño baixa a relación de rendibilidade porque teñen que comprar moito fóra”.

A afirmación de Xosé ponse de manifesto se se ten en conta que se produciu o abandono de oitenta mil explotacións nos últimos quince anos, o que liberou moitas terras que antes estaban en uso. “Isto é certo, pero a xente non aluga as súas propiedades aínda que estean a monte porque a Administración da Xunta non fai nada neste sentido –explica–; necesitamos bancos de terras, pero non os hai”. Na Galiza hai unha superficie agraria útil de 96.690 quilómetros cadrados, dunha superficie rural de 258.778 quilómetros. Estas cifras indican que as explotacións carecen de extensión para producir alimento. Cómpre ter en conta que unha explotación láctea ten de media 13,5 vacas e só cinco hectáreas, polo que moitas están por enriba da media de cabezas por superficie que permiten obter determinadas subvencións. Ademais, o 84,3% das terras dos labregos que posúen explotacións leiteiras son en réxime de propiedade e só o 3,9% están arrendadas. O restante 11,6% corresponde a cesións, préstamos ou outros réximes.

Antes de abandonar, Xosé tentou alugar as terras que necesitaba; non o conseguiu. Porén, moitos dos seus veciños que abandonaron previamente a actividade, optaron por plantar piñeiros en lugar de alugar as súas terras. “Eu non o penso facer, despois de deixar o leite penso cultivar a terra, iso antes que plantar piñeiros –dixo–. É o colmo, primeiro subvencionaron a conversión de terras para cultivo e agora nesas mesmas terras subvencionan a plantación de piñeiros; pero coido que se van rematar as axudas”. En realidade, hoxe a superficie forestal representa o 60% do total do país, unha porcentaxe moi elevada que deixa pouca marxe para outras actividades e que tamén é foco de novos conflitos. “Ademais, todos plantan piñeiros, cando hai outras especies de crecemento relativamente rápido máis indicadas, como o carballo americano”, protesta o labrego.

Tras abandonar a explotación, Xosé alugoulles a uns veciños algunhas das súas terras e o seu cortello. Iso permitiulle saír coa economía máis saneada. Quen lle alugaron o cortello foron Montse Díaz e o seu home. “Con estas instalacións traballamos máis cómodos”, indica Montse.

Montse e o seu home posúen unha explotación de sesenta vacas, 243.000 quilos de cota e 24 hectáreas de terreo, das que quince son da súa propiedade e as restantes alugadas. “Ter moito terreo permítenos maiores marxes e fai rendíbel a explotación; alugar terras é máis barato que mercar silo”, explica. Non embargantes, admite que “se non estivese casada ou mesmo se estivese viúva cos dous fillos que teño, non me dedicaría a isto”. A última vez que marchou de vacacións foi en 1986, cando casou e foi de lúa de mel, por iso di que se sinte “moi atada á explotación”.


jueves, enero 27, 2005

Entrevista de Moreira de Piñeiro na Nosa Terra

Entrevista a Moreira de Piñeiro en A Nosa Terra

martes, enero 25, 2005

Indicadores preocupantes de contaminación na zona de Lugo

Preocupante nova da Voz de Galicia sobre os datos recollidos por un satellite da ESA en Lugo !

jueves, enero 20, 2005


foto do Páramo

Na sección POLO NEGATIVO de Aquí O Páramo ! un comentario para Fraga , O Pápa and company !

Como o seu nome indica a sección de Aquí O Páramo ! ( POLO NEGATIVO ) incide nas cousas que están mal
Pincha aquí para leer máis sobre este tema .

miércoles, enero 19, 2005

Na Ribeira Sacra !



Miña amada na cama

Eu por leña á alba !

Miña alma sobre dos rios

Entre os canóns

Na Ribeira Sacra !

O sol abrese camiño entre as penas bravas

Miña alma sobre das penas

A miña palma da mao ¡

Quietude !

A grula branca levanta as alas !

Miña alma descansa en Savásana !

Descansa !Aloumiñada !

As follas resecas can en cascada ! todo se acaba !

Na Ribeira Sacra !

A chimea da miña casa afumea de madrugada !

Afumea no seu lento fluir …..

Como o rio ….como as follas douradas !

Na Ribeira Sacra !

No seu lento fluir …todo se acaba !

De outono !ó solpor !mais no fluir !a miña alma descansa !

Sin medo do Crepúsculo !

Na Ribeira Sacra !

p d l


(imprescindible leer esto escoitando a banda sonora de O ultimo samurai , a canción Idyll`s End , de Hans Zimmer )

martes, enero 18, 2005

Aquí O Páramo aparece na sección de Vínculos de A dorfunteca !

Gracias a Google , hoxe sabemos que Aquí O Páramo ! xa aparece na sección de blogs galegos de A darfunteca
Interesante proxecto dun blogger galego de dar a coñecer tóda-las webs e blogs do entorno galego .

webs impresionantes !

é impresionante ver á xente nua en barcelona , nunha web dunha iniciativa en bcn que non sae na prensa
Outra web galega interesante !

tai chi

Perla yesterday

lunes, enero 17, 2005

O Concello ofrece novos servicios on line !

Unha gran idea a felicitar e a de colgar na web do Concello os formularios administrativos para imprimilos e traelos xa cubertos ó concello !

Esta señora dio a luz en Rumanía con 67 años !


Romanian hospital officials say a 67-year-old woman in Bucharest has given birth to a baby girl.

Os médicos dun hospital de Rumania dicen que esta muller deu a luz con 67 anos ,no que se convertiría na mai maís vella da q ue se ten noticia !, pulsa aquí para ler a insólita nova da BBC .

Distintos xeitos de ver as novas de Euskadi na prensa internacional !

As novas do pais vasco , sobre as ofertas de diálogo dos aberchales en Euskadi sae hoxe na prensa internacional con distinta óptica , alomenos de léxico , ( ainda se lle chama Grupo Separatista Eta ) insólito a estas alturas nas que estamos , esta é a nova da BBC
Esta outra nova do diario Gara
En canto ó xeito de ver a situación es España do conflicto vasco a BBC ten esta nova

sábado, enero 15, 2005

O último que pasou pola ponte romana era de Vilarmosteiro !


O ultimo ser humano que cruzou a ponte romana de Portomarin antes de caer era de Vilarmosteiro , era unha casa onde se encontra hoxe o Felipe , nestas fotos pódese ver o Portomarin Antigo . O home de Vilarmosteiro , do que teño apuntado o seu nome e o nome da casa estaba cruzando cara O Páramo e xusto ó acabar de cruzar caeu a ponte Romana que levaba máis de 2000 anos en pé . Sería logo cando Cunqueiro situa a súa historia de Ramiro da Barca ,
Se ve que nese intervalo non houbo ponte hasta que se fixo a nova que quedou anegada polo embalse , no conto de Ramiro da Barca Cunqueiro lémbrase do Páramo , sin saber do conto do de Vilarmosteiro !, gran paradoxa do destino !

viernes, enero 14, 2005

O texto integro da Constitución Europea en Aquí O Páramo!

Ademais do Plan Ibarreche outro texto do que se fala cada día destes e da Constitución Europea , non entendo as prisas que se dan para votar un texto que descoñecemos ! ( o meu sentido común non entende certas cousas ) , pois aquí está o texto íntegro da Constitución Europea , do Diario Oficial da Unión Europea ( nada de falsas inmitacións ) .
A páxina da UE para a Constitución Europea pulsa aqui

Texto íntegro do Plan Ibarreche en Aquí O Páramo !

Tanto que se fala de Plan Ibarreche para arriba , para abaixo e nós todos sin saber qué dice a cousa ! , pois aquí está o dichoso plan Ibarreche ! a ver se lendo cada un de nos pode ter a súa opinión propia !

Unha gran idea para o Aeroporto de Rozas !

Gran noticia a destes días sobre o aeroporto de Rozas ( Lugo ) , pulsa aqui

jueves, enero 13, 2005

As compañias de baixo custo empezaran a voar desde Coruña e Stiago a Londres!

maravillosa oferta para viaxar a londres por 3 euros nesta noticia da voz de galicia

Unha televisión local para o Repetidor ou radio ?

A xunta concedera máis de 60 licencias para tv privadas locales e 120 licencias para radios antes de agosto . Unha antena local no Repetidor alcanzaría unha poboación de máis de 400.000 habitantes . Deberiamos instar ó Concello a que solicitase unha licencia de Radio a través da creación dunha empresa de capital público e todo elo para ter algo dixital para cando veña o apagón analóxico .
Pulsa aquí para leer as noticias da Voz , ou no Foro para debatir e ampliar información

miércoles, enero 12, 2005

La poeta Erika de Armea publica por vez primera y en exclusiva sus poesías en Aquí O Páramo !


Es emocionante presentar por primera vez a la poeta Erika de Armea en esta pequeña aldea virtual !
Por primera vez publica en "Aquí O Páramo !" parte de su obra , de la que todos podemos disfrutar en un solo clic en nuestras casas .
Muchas Gracias Erika por tu esfuerzo y dedicación !.Gracias a su confianza y a vuestra colaboración estamos logrando crear de www.vilarmosteiro.tk el mejor exponente cultural libre y auténtico de la zona en la red !

pulsa Aquí ( para leer sus poesías )

martes, enero 11, 2005

Aquí O Páramo ! abre a sección de Novas !

Desde hoxe xa se poden consultar as Novas relacionadas co Páramo na Sección de Aquí O Páramo Novas / Noticias /News
Aquí están todos os enlaces do Diario Oficial de Galicia escribindo a Palabra O Páramo no buscador .

Quen é Richard Stallman ?

Richard Stallman es el fundador del movimiento en favor del software libre y padre de proyectos como GNU o la Free Software Foundation ('fundación por el software libre', en inglés). Son ambas páginas aquí vinculadas de gran interés .A ver si Galicia se pone las pilas como lo hizo Extremadura o Andalucía y prepara sus propios programas en Linux . ( O Páramo está en Galicia ) , el linux tb.puede funcionar aquí !

Richard Stallman

domingo, enero 09, 2005


cabalos 2

A nosa terra ..... !

probando

Dia precioso de sol en O Paramo

hoy día domingo hace un día de sol precioso en o paramo , portal xunta

viernes, enero 07, 2005

Cabalos no Campo da Feira no día de Reis !


Baltasar non veu , e Melchor e Gaspar viñeron en cabalos , os Camellos quedarón en Maruritania xunto co Hachís !.
Eu vin a Melchor e Gaspar , pasaron por Cataboada .
Onte foi un precioso día de sol e luz no medio de tanta neboa , o mellor regalo de reis !
Paxina de enlace a contadores

Internet via luz electríca

Noticia interesante sobre a Internet a través da luz electrica a 200 megabites por segundo dunha empresa española de Valencia .

BOP-Lugo O Páramo

Boletín Número 4, de 07/01/2005
AYUNTAMIENTOS
O PARAMO

Edicto

Solicitando desta Alcaldía D. Luis Celeiro Pereira, licenza municipal para a apertura de legalización de actividade gandeira a situar en Moscán, cumprindo o disposto no parágrafo a), do número 2 do art. 30 do Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas do 30 de novembro de 1961, sométese a información pública por período de dez días hábiles, co fin de que durante o mesmo -que comezará a contarse desde o día seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia- poidan examina-lo expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

O Páramo, 9 de decembro de 2004.- O Alcalde, P.D. A 1.ª Tte. Alcalde (Resol. 1/7/2003), ilexible.

R. 06134

jueves, enero 06, 2005


Porto de Nouadhibou ( Mauritania ) a semana pasada !para Aqui O Páramo !

Mercado de Nouadhibou ( Maurtinania),foto tomada para Aquí O Páramo !

Foto autentica de Nouadhibou ( Maurtinania) tomada a semana pasada para Aquí O Páramo por un amigo !

martes, enero 04, 2005

El efecto mariposa en San Xuliao !


(totos de San Xuliao feitas a hoxe día 4 de decembro do 2005 )

We believe there is some type of relation between the sutnami in Indonesia and the Twiester of San Xuliao . Today more than a week after the damage there was no information about the disaster of San Xuliao in the galcian media , no newspapers or tvs covered the new .This three pictures were taken today .

A día de hoy ningún medio de comunicación ha dado la noticia que nosotros sepamos .
No entiendo como la TVG emite noticias completamente anodinas cuando esto es un Notición !
El misterio sigue rodeando lo acontecido en el establo de Felipe de San Xuliao , al preguntarnos como es posible que en menos de 5 meses se produjesen dos tornados en el mismo lugar y destruyesen el establo de una forma tan similar .
Nadie discute que la causante del daño las dos veces haya sido la naturaleza .
El día del segundo tornado el 26 de diciembre sobre las tres de la tarde en toda la parroquía de Vilarmosteiro se dejó sentir una racha de viento huracanado que duro cosa de unos pocos segundos , los suficientes para destruir el establo .
Solo se me ocurre la explicación de que esto podría ser la prueba visible del llamado "efecto mariposa " ( una mariposa mueve sus alas en Londres y provoca una tempestad en Australia ) , o a la inversa ( un tsunami , el mayor de la historia altera las corrientes de aire , el movimiento sísmico se deja sentir en Inglaterra , las olas llegan hasta Somalia y las corrientes de aire llegan a San Xuliao y destruyen por segunda vez el establo en el modo en que una onda expansiva de una explosión tardase sus 12 horas en llegar ) . Lo más curioso es que el suceso acaecio pasadas unas 12 horas del tsunami ( es muy sospechosa la coincidencia ) .
Recuerdo que el mismo día del seismo en Galicia habían ocurrido sendos seismos en distintas partes del globo . Es indiscutible que el clima del planeta está interrelacionado .
Otro curioso detalle es que en invierno no existen térmicas en Galicia ( son corrientes de aire caliente que se forman en las zonas llanas por el calor que se acumula en el suelo y que sale hacia la atmósfera en forma de bolsas de aire , la diferencia de presión entre el frio y el calor que fue el causante del primer tornado debida a la calor del verano , ese factor no estaba presente el 26 de diciembre .
La orografía del terreno sin duda hace chocar los vientos del Este contra la pequeña colina sobre la que se asienta el establo y hacerlos subir hacía el establo ( el viento vino del Este , en dirección hacia Indonesia )
Estas fotos son del día de hoy 4 de Enero del 2005 , se ven los animales habitando la parte que ha quedo en pie .
Fue dificil convencer a la gente el día 28 de diciembre cuando salio la noticia en Aquí O Páramo de que no era una inocentada pero las pruebas fotográficas eran irrefutables !
¿Alguien tiene otra explicación mejor que la del Efecto mariposa ?
La escuchariamos con gran interés !

Noticia anterior sobre tornado

foro do páramo

san xuliao

establo

Perece un hombre en Pobra de San Xiao, Lugo, al ser golpeado por un tren

Noticia Voz de Galicia :
Un hombre resultó muerto ayer a unos dos kilómetros de la localidad lucense de Pobra de San Xiao, al ser alcanzado por un tren regional que cubría el trayecto Monforte-A Coruña.

lunes, enero 03, 2005

El sinécdoque en la política

El porqué del sinécdoque en la política o del como el señor Carol Rovira va haciendo amigos por Madrid :-)

<>Sinécdoque: Es un tipo de metonimia en la que se expresa el todo por la parte y la parte por el todo o el objeto por la materia de que está echo.

Es una bonita definición, pero no expresa que su mal uso puede llegar a confundir los razonamientos.

Un buen ejemplo lo puede plantear el señor Rovira con su rabieta sobre Madrid 2012. Como la federación española de patinaje no dejó que Cataluña entrara en el grupo A de las competiciones la tomó con las olimpiadas.
Se da la sensación de que Madrid es el no va más en el nacionalismo español, y eso es totalmente falso.
En Madrid viven catalanes, vascos, gallegos, andaluces. Lo realmente difícil es encontrar un auténtico "gato" (sólo se considera gato a partir de la 3º generación, y yo soy de la primera :-), y en Madrid hay gente de todo tipo, desde los centralistas acérrimos a nacionalistas periféricos.
Un voto a favor de la convivencia y porque no se use a Madrid como referente a políticas a nivel estatal.




Perla today a día 3-12-04


Perla today

domingo, enero 02, 2005


Castelao 1930

BOP-Lugo 29-12-04 Expediente de Modificación de Créditos:

Boletín Número 298, de 29/12/2004
AYUNTAMIENTOS
O PARAMO

Edicto

Habiendo quedado definitivamente aprobado por el Pleno de esta Corporación el expediente de modificación de créditos n.º 6/2004, dentro del vigente presupuesto municipal, cuyo importe asciende a la cantidad de cinco mil quinientos euros (5.500,00); de acuerdo con lo previsto en el art. 177.2 del texto refundido de la Ley de Haciendas Locales aprobado por el R.D. Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, se hace público que, después de dicho expediente, el resumen por capítulos del estado de gastos del referido presupuesto queda como sigue:

Cap. 1.- Remuneraciones de personal402.079,38
Cap. 2.- Compra de bienes corrientes
y de servicios
203.049,00
Cap. 3.- Intereses10.900,00
Cap. 4.- Transferencias corrientes42.000,00
Cap. 6.- Inversiones reales650.560,87
Cap. 7.- Transferencias de capital131.093,98
Cap. 8.- Variación de activos financieros0,00
Cap. 9.- Variación de pasivos financieros35.000,00
Suma total1.474.683,23


Lo que se hace público para general conocimiento y efectos.

O Páramo, 22 de diciembre de 2004.- El Alcalde-Presidente, Gumersindo A. Rodríguez Liz.

sábado, enero 01, 2005

O ano 2005 cargado de orientalismo ....!


Que é a filosofía Zen da que a revistas Times titulara erroneamente " o Zen de Zapatero ".
As bandas sonoras de películas como O último Samurai , ou a súa argumentación e paisaxes recordanos formas de vida ancestrais similares a unha galicia rural en extinción : o paso lento do tempo , a paisaxe ,a forma de ver o mundo .....quizais tivemos un Zen Galego e senón ante o declive das zonas rurais pronto o teremos que inventar ....