Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Aquí O Páramo !: Segundo Tornado Misterioso en San Xuliao (Vilarmosteiro) en menos de 5 meses !

martes, diciembre 28, 2004

Segundo Tornado Misterioso en San Xuliao (Vilarmosteiro) en menos de 5 meses !


(a second twister in less than 6 month damage the same farm in San Xuliao , Vilarmosteiro)

Hoxe día das Pullas moita xente pensará que esta noticia é unha pulla !
Pero ó ver os montes nevados nevados do Páramo destes días e a data da cámara dixital impresa na foto sacaranse de dubidas .
Gracias a Ramiro esta é a noticia que nos acaba de chegar desde San Xuliao por correo urxente :

( outro tornado ou algo similar descubriu parte do establo de felipe de san xuliao, esto pasou por segunda vez onte 26 de diciembre depois das tres da tarde. Non se produciron daños personales anque algun animal resultou ferido, puoco comparado co estado en que queduo o trozo de cubierta caido ).

O primeiro tornado produciase dous días antes das Feiras de Primavera deste ano , do cal xa anunciáramos aquí no Foro .Daquelas o tornado comezara no fondo do prado , cara a Casa do Rei , e foi subindo , retorceu o pino do medio do prado e ensañouse co establo, destruindo a mitade da cubrición xunto coas chapas metalicas completamente .
Desta vez por segunda vez en menos de 5 meses apenas fai menos de 48 horas reproduciouse este terrible tornado cons uns danos incluso maiores ó anterior por encontrarse os animales dentro , pero inmensamente leve tendo en conta o que puidese pasar en ámbalas dúas ocasións dado o tamaño das vigas caidas , que nos pode dar unha idea da forza do tornado .
Ademaís desta o tornado foi moito máis forte xa que as vigas se colocaran de forma reforzada !
.
O outro día chegaban informacións de que os Sunamis de Asía se deixaran sentir en Inglaterra , está constado que os efectos climaticos nunha zona do planeta teñen translación en outras ó igual que as pezas do parchis ,creemos que pode haber algunha relación cos Sunamis de Asia !
Esta coincidencia leva a pensar que por algún motivo a zona de San Xuliao e máis sensible ó efecto dos tornados , quizás pola orografía dos prados anteriores que caen en pendente !

Pero ainda así a que se debe que o mesmo lugar resultase afectado en tan pouco tempo ? resulta misterioso !
Salvando o misterio alegrámonos de que non houbese perdas personales ,e de podervos ofrecer en exclusiva algo que salirá nos medios en días e ós que nos adiantamos en tempo en forma .

comentarios no Foro do Páramo