Visitou Walter Ebeling O Páramo ?
Walter Ebeling foi un dos moitos viaxeiros que percorreron Galicia a principios de século, animados pola mellora dos modos de transporte e pola aventura de coñecer novos lugares e antigas culturas. A cámara deste viaxeiro de espírito aberto e creativo acompañouno no seu percorrido por concellos como Meira, A Fonsagrada, Becerreá, Pedrafita, Navia de Suarna..., deixando constancia dos costumes e xeitos de vida deste territorio galego.
Pero visitou Walter Ebeling O Páramo e sacou fotos del entre os anos 1928 e 1933 nos que fixo as súas viaxes ?Se algúen sabe algo sobre este fotógrafo agradecemos información .
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home