O paramés Arcadio López Casanova recibiu o Premio de poesía Caixanova
El Progreso
sábado, 27 de mayo de 2006
CULTURA
REDACCIÓN ❚ LUGO
❚ O Pen Clube de Galicia entregou
onte o Premio de Poesía
Caixanova ao poeta do Páramo
Arcadio López Casanova, pola
súa obra Herdo do canto, dotado
con 10.000 euros, o que o
converte nun dos certames de
poesía máis importantes de España.
O acto estivo presidido polo
director de Obras Sociais de
Caixanova, Guillermo Brea, e
por Modesto Fraga, que destacaron
o éxito desta cuarta edición
do certamen, cunha gran
calidade nas 62 obras presentadas.
Pola súa banda, Guillermo
Brea resaltou o apoio que a entidade
financeira Caixanova dá
á creación literaria en galego,
como vehículo para dar a coñecer
a lingua. Así, recordou que a
difusión da cultura galega foi
unha “constante” na actividade
social da caixa.
O poeta premiado, Arcadio
López Casanova, naceu no Páramo
no ano 1942, e é catedrático
de Lingua e Literatura Española
pola Universidade de
Valencia.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home