Los Ganaderos de la zona perderán 2,5 millones si baja el precio de la leche
Para ver la noticia completa de La Voz de Galicia (Pincha Aquí)
Publicación dixital do Páramo na Internet ! www.oparamo.tk (correodevilarmosteiro@hotmail.com) lugosur.tk
1 Comments:
O precio do leite non hai baixar. Os directivos das empresas quéreno baixar, o que significa: eles queren pagar menos. E vos queredes dar o leito polo mesmo precio, ou subilo. E o voso querer é tan bo como o seu, e máis xusto. Os estibadores de toda Europa veñen de dar unha lección de como se fan as cousas para non morrer de vergoña e entristecer para sempre. Tendes leite para non a dar, podedes aguantar mellor ca eles unha folga ata que paguen máis que agora, os vosos amigos pódense poñer en folga nas fábricas tamén, porque están máis a carón de vós que deles, se o pensan. Tendes carreteiras para cortar. Tendes fillos músicos para facer festa mentres falades, facedes e esperades a rendición das empresas. Só é fatal o costume de crer no mostro Echeoquehai. Ide falando do que queredes, non do que eles queren, ós poucos, uns cos outros, e inventade a vosa forza e o voso xeito de falar, como fixestes nesta páxina maravillosa. Os medios de comunicación non dan noticias, dan ordes, decretos, cousas que pasaron porque tiñan que pasar e cousas que teñen que pasar porque o quere o deus dos cartos. A vosa comunicación faivos libres de ve-las vosas vacas, as vosas ventás azuis nos muíños, as vosas galiñas, a vosa amistade que pon unha cancela no pozo. Tamén vos dará liberdade de unirvos para face-las cousas grandes e para contarvos o que estades a facer.
Publicar un comentario
<< Home