Das Escolas de Saa e Moscán e do Futuro do Páramo !
foto : Arbol ermo en Moscán
Despois de tantos anos de tardanza as Escolas de Saa e Moscán van a pasar a maos do Concello .
Construidas nos anos sesenta xunto coas de Vilarmosteiro e empezadas a medio facer as de San Martiño . Pregúntome se esto servirá de algo . Na noticia do Progreso de onte dicíase que as Escolas pasarán a ser centros sociais de cada súa parroquia .Gustaríame saber que se entende por Centro Social ( de feito Centro Social xa case o son ) , xa que teñen portas e ventás e a xente se poder xuntar dentro delas ó cuberto da chuvia . Para min un Centro Social que se puidese preciar de ser chamado así debería ser unha segunda casa das xentes dese lugar e de todo O Páramo ( non creo que sexa bon que fagamos dogmatismos por parroquias ) . Un verdadeiro Centro Social debería ter unha boa cubrición e adecentado en pintura , ventás de aluminio e calefacción , e dentro del : sala de reunión e archivo de documentos ( xuntas de montes e ramistas das festas ) , internet de banda ancha , sala de prensa , sala de televisión con canal satelite , e sobre todo algo do que sempre nos olvidamos , unha sala de estudio para que os nenos que non encontrasen un ambiente adecuado o puidesen facer alí , insonarizada a salvo de ruidos e con calefacción ) , non creo que o persoal para vixiar estes centros fose un problema pero hoxe coas videocámaras podense ver varios centros sociais desde un só como nas cámaras de control de tráfico .
Alegróme de que por fin esas escolas pasen ó patrimonio do Concello máis que teño a sensación de que non servirá para nada , vivimos nunha política municipal relentizada , por inercia , con falta de interés e o que é peor con falta de ilusión e imaxinación para soñar por un Páramo vivo e perenne .Todo se dilue en promesas e máis promesas que me recordan tanto ás promesas de Fidel Castro ,( xente boa que se deixa embaucar por encantadores de serpentes !)
Eu gustaba máis de ver en tempo real a conxugación do verbo FACENDO ! , digo e fago , prometo e cumplo en breve , hoxe , non mañá .
Ó pasar por Moscán fotografiei esta árbore seca e reseca , parece que estaba abrindo os brazos pedindo por auxilio pola súa vida .Nalgo se parece a nosa terra a esa árbore , neste Lugo esteril , ermo , relentizado e sin o pulo da xente nova que emigra cara terras donde pensan no Mañá .
Nada nos darán noutro lado nada regalado !.
Recordando palabras de Carld Sagan : non podemos renunciar a soñar nas estrelas ! ou de Xulio Verne : que calquera cousa que se poida imaxinar pódese realizar !.
Hai algún límite para que puidesemos ter centros sociais con tantas prestacións ?
De seguro que ter as Escolas de Saa e Moscán baixo chave do Concello é millor , pero ¿ de qué servirá se han de seguir cubertas de silvas ? e senón cantos anos pasarán para que as promesas se tornen realidá ? Polo camiño se van , as promesas , como árbores sin sabia en terras resecas , que certo é que para que os carballos rebenten deben ser cernados !
p d l
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home