Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Aquí O Páramo !: abril 2005

miércoles, abril 27, 2005

Capital de O Páramo : VILARMOSTEIRO ( con toda dignidad )


Indicadores do Concello á entrada do Campo da Feira de Vilarmosteiro


El 27 de febrero del año 2005 el Pleno del Ayuntamiento de O Páramo , ante el cual me hallaba presente aprobó el inicio del Expediente para el cambio de capitalidad municipal a la parroquia de Vilarmosteiro .( decisión de la que todos nos congratulamos ) . Pero en la misma Sesión se procedió a iniciar los trámites necesarios para cambiar el nombre de la futura Capitalidad Municipal , con la intención de llamarle ex novo a ese futuro núcleo O Páramo .( lugar que nunca se ha denominado como tal , dado que en nuestro municipio no existe ningún núcleo de población que se llame O Páramo y que a diferencia de lo que ocurre en otros muchos concellos un núcleo de nombre al municipio .Por eso como la única opción posible a mi modo de ver era Vilarmosteiro como nombre de la futura capitalidad he decidido presentar esta reclamación ante el Registro de Entrada de O Páramo , aún sabiendo de antemano que hay muy poco o nada que hacer , pero he querido dejar constancia de la importancia milenaria del nombre de Vilarmosteiro y que rechazarlo por otro nuevo es un acto de ignorancia . Al mismo tiempo más que una pesada reclamación jurídica he creido más necesario hacer una explicación histórica hasta los presentes días , no creo que con la intención de ser leido en el presente , sino con la idea de que guardado en el Registro de Entrada algún futuro gobernante haga más reflexión de mis palabras de lo que ahora se hará .

Este es el texo de la Reclamación

P d L

domingo, abril 17, 2005


Foto : Serra do Páramo cuberta de Neboa
O fondo O Castelo de Paredes !

Parque Eólico : gran negocio !

Parece ser que o diñeiro facil está por riba da beleza da Serra do Páramo

Hoxe sae na Voz de Galicia ( noticia da Voz )
Noticia da Voz sobre sociedades eólicas creadas para Lucrarse


Estas dúas noticias e en especial esta última son bastante aclaratorias sobre a razón da creación de sociedades para administrar parques eólicos concedidos a amiguetes . Da moita pena achegarse cara a Serra do Páramo e pensar que desde o Alvaredo a Goian , hasta cerca do Repetidor a paisaxe e o habitat quedará alterado para sempre de forma moi agresiva .
Os intereses sociais e os estómagos da xente están por riba dos intereses dese pequeno habitat , se alomenos ese Parque Eólico fose de titularidade pública ( como o 50 % dos parques eólicos do Pais Vasco ) pero é unha magoa que cando vexamos mover as aspas dos muiños so veremos o lucre e os beneficios duns poucos , porque as xentes de Saa ou Friolfe apenas verán un duro , logo non hai razóns maís que de soberbia . A empresa Virandel pronto venderá a súa concesión a outra macro empresa creada seguramente con fondos de inversión Xaponeses e Norteamericanos ( a tan de nome galego Eurovento , entre unha delas ) e o diñeiro irase cara Tokio ou cara Boston ou sabe quen cara onde ....! Aquí no Páramo ó igual que eses paises africanos onde venden o cacao do Cola-Cao , levarannos o vento que zoaba libre pola nosa Serra , e levarannos a nosa estética , a paisaxe da nosa alma! as formas suaves e casi sagradas da nosa pequena Serra que empeza na montaña da Greimunde e remata en Goian .
Por un lado un Corredor Agresivo que se mete no medio e medio da serra ( se alomenos entrase nela por un tunel ) pero farase un gran desmonte , e do outro lado o Parque Eólico que cambiará a forma estética da zona ( aproximandonse cada día máis ó pais dos Teletubis ) .
Gustaríame saber a min por qué o noso Alcalde ten tanto interese na construcción deste parque sabendo o pouco beneficio que nos traerá ( leer nova )
A carta dun Xefe Indio ó Presidente dos EEUU en 1854 seguen hoxe de actulidade cando pensamos en preservar a natureza .
Collede as vosas cámaras de grabar , as cámaras de fotos grabade canto poidades a nosa Serra para que os que veñan atrás nosa saiban de como debera ser o que nunca debería ser .

P d L

sábado, abril 16, 2005

Das Escolas de Saa e Moscán e do Futuro do Páramo !


foto : Arbol ermo en Moscán


Despois de tantos anos de tardanza as Escolas de Saa e Moscán van a pasar a maos do Concello .

Construidas nos anos sesenta xunto coas de Vilarmosteiro e empezadas a medio facer as de San Martiño . Pregúntome se esto servirá de algo . Na noticia do Progreso de onte dicíase que as Escolas pasarán a ser centros sociais de cada súa parroquia .Gustaríame saber que se entende por Centro Social ( de feito Centro Social xa case o son ) , xa que teñen portas e ventás e a xente se poder xuntar dentro delas ó cuberto da chuvia . Para min un Centro Social que se puidese preciar de ser chamado así debería ser unha segunda casa das xentes dese lugar e de todo O Páramo ( non creo que sexa bon que fagamos dogmatismos por parroquias ) . Un verdadeiro Centro Social debería ter unha boa cubrición e adecentado en pintura , ventás de aluminio e calefacción , e dentro del : sala de reunión e archivo de documentos ( xuntas de montes e ramistas das festas ) , internet de banda ancha , sala de prensa , sala de televisión con canal satelite , e sobre todo algo do que sempre nos olvidamos , unha sala de estudio para que os nenos que non encontrasen un ambiente adecuado o puidesen facer alí , insonarizada a salvo de ruidos e con calefacción ) , non creo que o persoal para vixiar estes centros fose un problema pero hoxe coas videocámaras podense ver varios centros sociais desde un só como nas cámaras de control de tráfico .
Alegróme de que por fin esas escolas pasen ó patrimonio do Concello máis que teño a sensación de que non servirá para nada , vivimos nunha política municipal relentizada , por inercia , con falta de interés e o que é peor con falta de ilusión e imaxinación para soñar por un Páramo vivo e perenne .Todo se dilue en promesas e máis promesas que me recordan tanto ás promesas de Fidel Castro ,( xente boa que se deixa embaucar por encantadores de serpentes !)
Eu gustaba máis de ver en tempo real a conxugación do verbo FACENDO ! , digo e fago , prometo e cumplo en breve , hoxe , non mañá .
Ó pasar por Moscán fotografiei esta árbore seca e reseca , parece que estaba abrindo os brazos pedindo por auxilio pola súa vida .Nalgo se parece a nosa terra a esa árbore , neste Lugo esteril , ermo , relentizado e sin o pulo da xente nova que emigra cara terras donde pensan no Mañá .
Nada nos darán noutro lado nada regalado !.
Recordando palabras de Carld Sagan : non podemos renunciar a soñar nas estrelas ! ou de Xulio Verne : que calquera cousa que se poida imaxinar pódese realizar !.
Hai algún límite para que puidesemos ter centros sociais con tantas prestacións ?
De seguro que ter as Escolas de Saa e Moscán baixo chave do Concello é millor , pero ¿ de qué servirá se han de seguir cubertas de silvas ? e senón cantos anos pasarán para que as promesas se tornen realidá ? Polo camiño se van , as promesas , como árbores sin sabia en terras resecas , que certo é que para que os carballos rebenten deben ser cernados !

p d l

Escolas de Moscán

Escolas de Saa

martes, abril 12, 2005


Recunchos do Páramo :Cabaceiro de cemento en Vilarmosteiro :Ano 1933( II República )

Noticia do Porgreso de primeiros de Abril pegada no Foro

Noticia do Progreso sobre criticas ó alcalde por lindes de montes en SAA ,pegada onte no Foro do Páramo

domingo, abril 10, 2005


Perla pace placidamente a hoxe día 10

Cada ano salen estas flores na miña casa pola primavera , en presaxio de ranacimento

domingo, abril 03, 2005

PARAMO : nombre de una bebida en Nueva Zelanda !


O Nome PARAMO no mundo enteiro : Nova Zelanda

Navegando por Internet vemos esta bebida chamada PARAMO , nun museo de Nova Zelanda , que tiña propiedades curativas .
Pincha aquí para ir a historia da curativa bebida


Recunchos do Páramo : Presa do Muiño de Paz