Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Aquí O Páramo !: Un hipopotamo en Vilarmosteiro !

jueves, febrero 03, 2005

Un hipopotamo en Vilarmosteiro !


Eu nunca vira un hipopotamo ata hoxe !, o que nunca me puiden imaxinar e que o vería en Vilarmosteiro !, no mesmísimo Campo da Feira !
Xa non parece tan enganoso o conto de Caperuchiña que lles contaba ós nenos ! , daquelas polo Nadal dixéralles que Caperuchiña Vermella que era de Castromeixe ( ollo ó dato ) fora levarlle a comida e as mediciñas nunha cesta á avoa que era de Santandrea e como era tan lonxe utilizou o camello de Baltasar que o deixara descansando por alí !, e dese modo o conto iase complicando máis e máis .
Hoxe no Páramo sí había un camello ou dromedario ( ainda non sei distinguir ben, xa que non fumo ) ! e alí metidiño nun camión estaba o pobre hipopotamo do circo medio deshidratado !, miroume fixamente ( e tanto que ten uns ollos moi saltóns ) e eu a él con lástima ! , pobre animaliño ! viaxando dun lado para o outro !
Así que dun ou doutro xeito as cousas máis inverosimiles acaban acontecendo por aquí !
O camello de Caperuchiña marchouse hoxe no camión branco e triste carretera arriba !
De Baltasar e Caperuchiña ainda non teño noticia , pero cando volva de Santandrea direille que o Camello fíxose amigo dun hipopotamo e marchorense xuntos a ver mundo cos do circo !
pero .... resultará verosimil ?


p d l