Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Aquí O Páramo !: Federico García Lorca tamen escribiu en galego

miércoles, diciembre 29, 2004

Federico García Lorca tamen escribiu en galego

MADRIGAL A CIBDA DE SANTIAGO

Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ô sol.

Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.

Olla a choiva pol-a rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Ãgoa da mañán anterga
trema no meu corazón.

Federico García Lorca