Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Aquí O Páramo !: Bo Nadal e feliz noiteboa.

viernes, diciembre 24, 2004

Bo Nadal e feliz noiteboa.

Noite especial, día especial. Calor humán, sonrisas, recordos, as gañas de compartir, sabor da alegría, sabor da nostalxia: "Os que xa non están, os que non voltarán."

Desexos mutuos, regalos agradecidos, unha noite en familia, un día de alegría. Maternidade conxunta. Atadura sentimental.

Voltemos a ser nenos, recobremos esa ilusión, facer do xoguete un mundo, facer do mundo estrelas. Cos vellos sentimentos, sentimentos de amor, sexan novos, e os novos infinitos.

Que as inxustizas sexan nulas, que a fame non exista. Que as pateras so sirvan para navegar, e as armas para sobrevivir sen matar. Bombas que facedes mal, deixadenos vivir en paz. Bombas que xogades, que aturdides, estoupando a alegría da xente, non volvades a matar.

Sexamos unhes nenos, e ignoremo-la verdade: "Vivi-la mentira, vivi-la verdade", cambiemos un día, cambiemos unha noite, e valerá a pena ser sensibles, pensar de novo, o amor, a sensibilidade.

"Non choremos porque se acabou, alegremonos porque sucedeu"
Brindemos por poder facelo, collamos ise sabor e recordemo-lo para sempre, pois ise sabor, por moito que o intentemos, no-no voltaremos ter nunca.
Bo Nadal Amigos.